Nota de prensa:
O CLUB BURELISTA DISTINGUE A JOSÉ VENANCIO COA INSIGNIA DE OURO E BRILLANTES NO I ENCONTRO DE DEPORTE BASE NA MARIÑA
O CD Burela FS distinguirá ao seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, co galardón laranxa máis prezado, a Insignia de Ouro e Brillantes, polo seu loable labor en favor do fútbol sala. O acto terá lugar coincidindo coa participación do técnico no I Encontro do Deporte Base na Mariña, o vindeiro sábado.
José Venancio inaugurará a xornada, que conta coa colaboración da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Concello de Burela e COPE de la Costa, cun relatorio centrado na actualidade do fútbol sala e a estrutura dos clubs, programado para as 10.30 horas, no hotel Nordés de Burela. A intervención do seleccionador dará paso a unha charla coloquio co adestrador do UCAM Murcia FSF, Miguel Sánchez, e os técnicos laranxas do Burela FS, Suso Rey, e Burela FSF Pescados Rubén, Javier Pardeiro. Xunto ao alumnado da ED EON Burela FS, o técnico analizará o xogo e a toma de decisións individual e colectiva nunha sesión práctica, no pavillón Vista Alegre, a partir das 12.45 horas.
Xa pola tarde, o seleccionador protagonizará unha sinatura de autógrafos no pavillón e será nomeado Socio de Honra do club mariñán, antes do partido de Prata que medirá o Burela FS co UMA Antequera (17.00 horas). A primeira edición do encontro de base finalizará coa cita de Honra Burela FSF-UCAM Murcia (20.00 horas).
Sábado 22 de xaneiro
Hotel Nordés
10.30 horas: Presentación do seleccionador nacional, José Venancio
10.45 horas: Charla coloquio
11.45 horas: Entrega da Insignia de Ouro e Brillantes do CD Burela FS a José Venancio
Pavillón Vista Alegre
12.45 horas: Sesión práctica do seleccionador coa ED EON Burela FS
16.30 horas: Sinatura de autógrafos
16.50 horas: Nomeamento de José Venancio como Socio de Honra do CD Burela FS
17.00 horas: Burela FS-UMA Antequera, vixésimo primeira xornada de Prata
20.00 horas: Burela FSF-UCAM Murcia, décimo quinta xornada de Honra



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
