Nota de prensa
O GMPP pide un plano de axuste económico e de control do gasto.
Afirma que hai informes de Intervención solicitando maior control dos recursos do concello.
Os populares estiman que se está a producir despilfarro e ausencia de control político do gasto.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela vén de presentar no rexistro do concello unha moción na que solicita a elaboración dun plano de axuste e de control do gasto municipal, de cara a incluilo nos presupostos municipais do presente ano, presupostos que ainda non foron presentados polo alcalde ós grupos políticos.
Os concelleiros populares confían en que o alcalde e o bipartito sexan sensibles ante esta petición e non sexa preciso chegar ó pleno de xaneiro para proceder a votar a moción e elaborar o indicado plano: o ideal sería que o alcalde asumise esta petición e anunciase de inmediato que se vai proceder a elaborar tal plano de axuste e contención do gasto.
Os populares consideran que a situación económica e de crise que se está a vivir afecta mui directamente ós concellos, que ven mermados os seus ingresos derivados da fiscalidade propia da administración local, así como os procedentes da administración do Estado, dado que o propio Estado tamén vé como merman os seus ingresos. Os populares lembran que neste mes de xaneiro hai que comenzar a devolver o que o Goberno Zapatero aportou de máis no exercicio de 2008 (172.000’00€ no caso de Burela), e dentro de pouco tamén se coñecerá a contía a devolver do exceso de aportación recibida correspondente ó ano 2009.
Con esta situación, e tendo en conta que o Goberno Zapatero está levando a cabo continuos axustes en materia económica, e que a propia Xunta de Galicia está a levar a cabo un enorme esforzo para acadar o equilibrio presupostario e non aumentar a débeda, o lóxico sería que o concello de Burela tamén elaborase o seu propio plano de axuste e de control do gasto corrente, incluso como mostra de exemplo dirixida á cidadanía para que esta perciba que a administración que lle é máis próxima, o concello, tamén se apreta o cinturón; imaxe que o GMPP entende que non se está a dar.
Este plano de axuste e de control do gasto debería pasar por unha reducción en certas partidas de gastos diversos dentro do capítulo de gasto corrente, para poder garantir o gasto social e o gasto productivo. Tamén se debe axustar o gasto ós ingresos reais que se van ter en 2011, evitando inflar os capítulos de ingresos como se leva feito nos últimos anos por parte do bipartito burelés. Ademáis, sería bon que se elaborase coa participación e consenso dos tres grupos políticos que formamos a corporación.
Pero hai tamén razóns de outro tipo que recomendan a elaboración deste plano: ó longo do presente ano os servicios de Intervención emitiron informes, e non unha nin dúas veces, nas que se fan constantes recomendacións para o control do gasto: os tres últimos dos que tivemos coñecemeno teñen data de 18 e 23 de novembro e de 20 de decembro.
A existencia destes informes, e á vista das recomendacións que nos mesmos se fan, corrobora ó cento por cento o que o PP está a denunciar nos últimos meses: que se está a dar unha situación de despilfarro e de falla de control político no gasto, que repercute negativamente na economía municipal e tamén nos propios cidadáns que ven como se gastan os cartos alegremente en certas cuestións, cuestións das que nestes momentos se pode e se debe prescindir.
Polo tanto, desde o GMPP agardan que o alcalde e o bipartito sexan sensibles ante esta situación e asuman a petición que se formula desde o GMPP a xeito de moción, poñéndose a traballar de inmediato.






















Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



