Lonxe de rectificar e pedir desculpas despois do duro varapalo xudicial recibido, no PSOE de Cervo seguen obsesionados en defender que actuaron correctamente cando impugnaron ante os tribunais o cambio de titularidade dunha praza de taxi, co único obxectivo de prexudicar ao seu anterior titular, que agora traballa con este deputado, como chofer do Parque Móbil do Parlamento de Galicia.
Os socialistas non teñen ningún dereito a facer como si a sentenza xudicial non existira e nela, o tribunal realiza un pronunciamento inequívoco e contundente no que determina, sen espazo para a menor dúbida, que o Concello de Cervo actuou correctamente, respectando en todo momento a lei e o procedemento administrativo regrado.
Ninguén está aquí a cuestionar a lexitimidade do PSOE de levar ante a xustiza todo aquelo que considere debe ser revisado polos órganos xudiciais, nin critica, aínda que non compartamos, que para ocultar o seu fracaso na xestión como partido da oposición, intenten xudicializar cada decisión que adopta o Goberno municipal de Cervo. O que se cuestiona, censura e critica é que, disfrazado con outra escusa, o PSOE executara un acto de persecución política e castigo, contra aquelas persoas que non pensan como eles.
Os socialistas non teñen dereito ningún a facer que os veciños de Cervo paguen os seus caprichos, sobre todo cando a xustiza non lles da a razón. E tras impugnar esta licenza o Concello de Cervo tivo que asumir uns gatos de obrigada defensa xudicial (avogados, procurador,…) a cargo das arcas municipais. Aínda seguimos á espera de que, os edís do PSOE, asuman este gasto dos seus petos, toda vez que o tribunal deu a razón ao Concello.
Os veciños de Cervo deben saber que no PSOE practica a persecución política, e o fan amparándose nunha situación de impunidade, cando o certo é que terán que dar conta dos seus actos ante todos os veciños, como xa o fixeron ante a xustiza, que non lles deu a razón.
En vez de aproveitar a Deputación para traer novos investimentos e servizos, Lara Méndez pasará á historia por non ter feito nada por Cervo, salvo o mínimo imprescindible e obrigado. Nin asumiron a compra do solar anexo ao Museo do Mar, para facilitar a súa ampliación, nin executaron ningunha obra de relevancia en San Ciprián e no conxunto do concello. Todo porque aos socialistas parece molestarlles que os veciños de Cervo non acaben por darlles o seu respaldo electoral e unha tras outra, a cita coas furnas implique a derrota do PSOE, como aconteceu nas pasadas eleccións autonómicas. Castigan ao seu pobo, aos que simpatizan co PP, e incluso a aqueles que non pensan como eles. Pero os veciños como xa fixo a xustiza saberá poñerlles no seu sitio.
José Manuel Balseiro Orol
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



