Nota de prensa:
NOVAS ACREDITACIÓNS DE SOCIO/A PARA 2011
Dende este sábado (Burela FSF-Atlético de Madrid Navalcarnero), os socios/as do CD Burela FS só poderán acceder aos encontros laranxas cos carnés de 2011, dispoñibles xa nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado), de luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-20.00 horas.
A entidade laranxa recorda que, para recoller as novas acreditacións se deberá presentar o xustificante bancario da segunda cota, no caso de optar pola domiciliación como forma de pagamento. Con este carné, o Burela FS e o Centro Tesal Spa Termas de Villalba obsequian os socios/as laranxas cunha promoción especial 2×1 na entrada do Club e Circuíto Termal para todo 2011, ao prezo de 30 euros [www.tesal.com]. Así mesmo, miapuesta.com mantén activado un bono de 50 euros de principio de tempada para participar nos xogos de www.miapuesta.com/clubes.
O Burela FS volverá a Vista Alegre o 22 de xaneiro, por partida dobre, coas visitas do UMA Antequera, de Prata masculina, e o UCAM Murcia, de Honra feminina.
Abonos de media tempada. Co cambio de ano o CD Burela FS tamén ofrece a posibilidade de facer abonos de media tempada. No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, pódese escoller entre Abono Simple (38 euros) e Abono Dúo (63 euros), con dereito a dous carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as. Dentro das tarifas especiais, o club pon á súa disposición o Abono 17 (14-17 anos) por tan só 10 euros; Abono 25 (25 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos; e Abono de Xubilado (30 euros).
Non socios/as. Os prezos das entradas para os non socios son de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-17 anos) euros para presenciar os encontros de liga do Burela FS e 5 euros (tan só aldultos/as) para o Burela FSF Pescados Rubén.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
