Nota de prensa
Aspirantes de 37 Concellos realizan esta semana a 2ª proba do Plan Lugo Emprega
– Trátase das 900 persoas que superaron o exame tipo test. Os resultados definitivos e, por tanto, a cualificación final publicarase a última semana de febreiro tanto no taboleiro de anuncios como na páxina web: www.deputacionlugo.org
– O éxito da iniciativa que, pola súa contía non ten precedentes en Galicia e na historia da Deputación, queda de manifesto na avalancha de solicitantes rexistrada nos 66 municipios que se adheriron ó Plan, un total de 6.700
– Esta iniciativa inclúese dentro oferta de emprego que ten aberta a institución provincial e coa que dará traballo de xeito inmediato a unhas 1.400 persoas, o que supón un investimento de máis de 15 millóns de euros
A Deputación continúa co proceso de selección do Plan Lugo Emprega correspondente ós Concellos con menos de 5.000 habitantes ou con menos de 500 parados que decidiron sumarse á iniciativa impulsada polo organismo provincial –todos menos O Incio- para reducir o paro na provincia. Deste xeito, logo de concluír os exames, a Deputación iniciou esta semana a segunda e última proba, consistente nunha entrevista persoal, á que foron citados os aspirantes de 37 municipios que se atopan dentro deste grupo e que superaron o tipo test, en total 887 persoas.
O Lugo Emprega inclúese dentro oferta de emprego que nestes momentos ten aberta a institución que preside José Ramón Gómez Besteiro e coa que dará traballo de xeito inmediato a unhas 1.400 persoas, a través deste Plan e doutras iniciativas como o programa europeo Pacto Provincial polo Emprego -do que se beneficiarán 576 desempregados nas profesións con máis futuro en Lugo-, das prazas para bombeiros que comezarán a traballar nos parques o 1 de maio e das 120 persoas que traballarán nas 10 residencias e centros de día que construirá a Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) nunha decena de Concellos. En total, cos estas actuacións, a Deputación destina máis de 15 millóns de euros para a creación de traballo na provincia.
Ó igual que no test, a segunda proba do Lugo Emprega estase a desenvolver en distintos puntos da provincia para facilitar a participación. No día de hoxe, nos Salóns de Xuntas e de Plenos do Pazo de San Marcos, concurriron os aspirantes de Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Samos e Portomarín.
Mañá xoves, será a quenda dos aspirantes de Taboada, Palas de Rei, Monterroso, Carballedo e Antas de Ulla, quenes realizarán a entrevista na Aula Multimedia do Centro Sociocultural monterrosino. Asimesmo, no Salón de Plenos da Deputación están citados os de Rábade, Pol e Guntín. O día 14, no Salón de Plenos do Concello da Pontenova, comparecerán para facer a entrevista os demandantes de Trabada, Riotorto, Pontenova e Barreiros e, na Casa do Concello da Fonsagrada, os deste municipio e os de Negueira de Muñiz e Baleira. O luns e o martes desta semana, citáronse na Deputación ós de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei e, no Salón de Plenos do Concello da Pastoriza, os deste municipio, Meira e Abadín. No Salón de Actos do Concello de Burela os de Mondoñedo, Lourenzá, Cervo, Alfoz e O Valadouro e, no de Viveiro, os de Xove, O Vicedo, Ourol e Muras. A vindeira semana, continuarán as entrevistas dos restantes municipios que se atopan dentro deste grupo.
Os resultados definitivos e, por tanto, a cualificación final publicarase a segunda semana de febreiro tanto no taboleiro de anuncios como na páxina web: www.deputacionlugo.org. Todas as persoas que resulten beneficiarias do Plan, co que o organismo provincial pretende frear o desemprego na provincia, comezarán a traballar como data límite, o día 1 de marzo nos respectivos Concellos, onde prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter municipal.
Éxito do Plan: 6.700 solicitudes
Co Plan Lugo Emprega, 711 desempregados conseguirán traballo grazas a esta ambiciosa iniciativa durante 6 meses en 66 Concellos. No caso de Incio e logo de que o Alcalde rexeitase sumarse á iniciativa, o organismo provincial xa aprobou un plan específico para a contratación dos 7 parados previstos no plan inicial.
O éxito da iniciativa que, pola súa contía, non ten precedentes en Galicia e na historia da Deputación, queda de manifesto na avalancha de solicitantes rexistrada, máis de 2.400 nos municipios de menos de 5.000 habitantes e 4.300 nos municipios que superan esta cifra e os 500 parados: Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Sarria, Monforte de Lemos, Chantada, Lugo e Vilalba. Neste caso, a selección depende directamente das entidades locais.
A Deputación financia con fondos propios o Plan, dotado con 8 millóns de euros, polo que non incrementa a débeda pública da institución. Deste xeito, o organismo provincial non só reduce o número de parados na provincia senón que incrementa a cooperación cos Concellos nun momento no que están a pasar unha delicada situación económica, o que provoca a redución na prestación de servizos ós cidadáns.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



