Nota de prensa
A Deputación mellora as pistas da concentración parcelaria de Alfoz en menos dunha semana
– A Vicepresidenta Segunda supervisa as obras de mellora que afectan a un treito de 2,7 quilómetros e se enmarcan dentro do convenio asinado coa Xunta de Galicia para repartir os treitos que cada administración debía mellorar
– Lara Méndez subliña que “nós cumprimos coa palabra dada ós veciños” e insta ó Executivo Galego a que actúe coa mesma celeridade para arranxar os 4,6 quilómetros que lle corresponden
– Polo que se refire á calidade dos materiais empregados, asegura que non darán o mesmo resultado, xa que os treitos arranxados pola Deputación levan aglomerado en quente e os da Xunta só rego asfáltico
– Esta actuación enmárcase dentro do esforzo inversor que está a facer a Deputación neste municipio da Mariña no que vai de mandato e que supera o millón de euros
A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, supervisou este xoves as obras de asfaltado executadas polo organismo provincial nas pistas da concentración parcelaria do Concello de Alfoz, e que se enmarcan dentro do convenio de colaboración que foi asinado entre a institución provincial e a Xunta de Galicia para repartir os treitos que cada administración debía mellorar. Neste senso, segundo o acordo, a Deputación mellora 2,7 quilómetros e a administración autonómica 4,6.
Trala visita ás obras, Lara Méndez subliñou a celeridade coa que actuou o organismo provincial, xa que inmediatamente despois da sinatura do acordo, a principios do mes de febreiro, “iniciamos os traballos que quedaron rematados en só tres días. Pola contra, a Xunta, que sumaba dous anos coas obras paradas, leva xa máis de sete días traballando e a día de hoxe aínda non rematou. A este paso os máis de catro quilómetros que lle pertencen non se acabarán en meses”. A este respeto, apuntou que “a Deputación xa fixo o que lle correspondía, cumprindo coa palabra dada ós veciños, agora esperamos que o goberno autonómico faga o mesmo coa súa parte”.
Aposta pola calidade e a durabilidade
Lara Méndez amosou a súa satisfacción polo resultado das obras e destacou que a calidade e durabilidade dos materiais con que cada organismo traballa non teñen comparación. Os treitos da Deputación quedaron rematados con aglomerado en quente, mentres que o goberno autonómico, está usando rego asfáltico. Pode ser que nun principio non se aprecie a diferencia pero dentro de dous meses, os treitos da Xunta cando sexan usados e chova por eles, volverán a estar en mal estado e cheos de fochancas, polo que non me extraña que os veciños se queixasen de como a Xunta está executando a súa parte”.
Máis de 1 millón de euros para Alfoz
A Vicepresidenta Segunda destacou que esta actuación se enmarca dentro do esforzo inversor que está a facer a Deputación neste municipio da Mariña. En total, o organismo provincial leva investidos no que vai de mandato en Alfoz máis de 1 millón de euros. Precisamente, dentro da aposta pola creación de emprego, o día 1 de xaneiro comezarán a traballar as 7 persoas deste Concello que foron seleccionadas dentro do programa Lugo Emprega. En materia de infraestruturas, melloráronse con aglomerado en quente varios treitos das estradas provinciais de San Acisclo e Oiras e a de Areas por Oirán a Ver. Asimesmo, dentro dos Plans de Comunidades Veciñais e de Pequenas infraestruturas executáronse actuacións por valor 128.000 euros. Os veciños deste municipio tamén estarán seguros coa rede provincial de bombeiros que impulsou o organismo provincial.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



