A Xunta comprometida con Cervo
Días atrás nunha mostra evidente de torpeza argumental, falta de visión política e notorio desprezo pola verdade, o único concelleiro nacionalista local, acusaba a este deputado e ao Partido Popular de non ter aportado nada ao concello de Cervo ao longo dos últimos anos. Sorprende de xeito destacado esta acusación, sobre todo tendo en conta de onde vén, é dicir, dos mesmos que, cando conxuntamente co PSOE gobernaban a Xunta de Galicia e hoxe aínda o están facer na Deputación, tiñan e teñen instruccións expresas de boicotear toda obra, proxecto ou servizo, que puidera redundar en beneficio dos veciños de Cervo.
Pero as críticas do BNG resultan sorprendentes tamén, porque non fai falla ser un experto seguidor da actualidade municipal para darse conta do moito que se ten acadado despois do acceso do Partido Popular á responsabilidade de goberno na Xunta de Galicia, despois de que rematara o tempo no que Cervo estaba desaparecido do mapa dos investimentos tanto para a Xunta bipartita como para, aínda hoxe, a Deputación, por decisión expresa do PSOE e dos dirixentes do BNG local.
Hoxe son froito da dedicación e do empeño do Goberno local, do seu alcalde e deste deputado que vos fala, e do compromiso do Partido Popular cos veciños de Cervo, entre outras, o investimento para a urbanización e recuperación da praza dos Campos, as obras da Residencia con centro de día xa en execución- ou o acordo que se materializa no apoio da Xunta de Galicia á cerámica de Sargadelos e que permite a continuidade dun proxecto industrial e cultural de enorme magnitude así como o mantemento de máis dun cento de postos de traballo. Tres exemplos de especial relevancia que contrastan coa escasa ou nula actuación do bipartito en beneficio deste concello.
Invitámoslles, emprazámoslles a que poñan sobre a mesa as obras, actuacións ou proxectos executados ao longo dos catro anos de bipartito na Xunta ou que nos digan que teñen feito en San Ciprián, onde incluso están a boicotear alto tan importante como é a ampliación do Museo do Mar. Os dous máximos dirixentes da oposición en Cervo están a soldo da Deputación e lonxe de buscar un beneficio para os seus veciños, desprezan, paralizan e nada teñen achegado para Cervo, nun acto evidente de discriminación, falta de compromiso e traizón daqueles que parecen ter esquecido que no seu día prometeron servir a Cervo.
Ben é certo que un proxecto como o da construción da goleta con ser un revulsivo turístico, laboral e cultural para o sector artesanal da carpintería de ribeira ten que ser atrasado no tempo ata que as circunstancias sexan mellores. Con todo Cervo seguirá ganando. Ganará co proxecto alternativo á construción da goleta e ganará coa creación do porto deportivo. Estas novas instalacións náuticas non serían realidade co bipartito xa que PSOE e BNG decidiron de xeito expreso excluír a Cervo do plan director de portos deportivos o que supoñía que, como mínimo ata 2020, data final de vixencia deste plan, non poderían iniciarse os trámites para a súa construción. Unha decisión inxusta que o Goberno do PP vén de rectificar. Está claro que hai dúas formas de gobernar, está claro, a daqueles que asfixian ao concello, sen importarlles que actúen en contra dos seus veciños, e a do PP que desde a sintonía co goberno da Xunta está a traballar arreo por este concello e polo conxunto das e dos cervenses.
Jose Manuel Balseiro Orol




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



