Nota de prensa
Lala guía o Valladolid para derrotar a un Burela esvaecido
O Valladolid levou os tres puntos de Vista Alegre tras vencer por 2-5 a un esvaecido Burela FSF Pescados Rubén. As pucelenas realizaron un meritorio encontro xa que xogaron todo o encontro con cinco xogadoras. A pesar diso, lograron un alto rendemento ás súas ocasións e á ansiedade local durante o choque. O partido comezou favorable aos intereses laranxas xa que no minuto tres de xogo Rocío desviou un lanzamento de Vanessa que despistou a Lala e acabou en gol. O Burela controlaba o choque ante un Valladolid repregado á espera da súa ocasión. Varias oportunidades tivo o cadro local para aumentar a súa renda pero unha perda de balón supuxo o empate no minuto sete, logrado por Cris. A igualada visitante inxectou moral ás súas xogadoras que aproveitaron o desconcerto burelense para situarse con 1-3, senllos goles de Bea. O Burela reaccionou e contou con seis claras oportunidades, dúas delas estreláronse na madeira e nas demais Lala evitou que o asedio tivese repercusión no electrónico. A meta brasileira foi a principal culpable para que se chegase con 1-3 ao descanso.
Na continuación o Burela marcou con prontitude, Vanessa de cabeza bate a Lala tras un excelente envío en longo de Jozi. O pulo do conxunto de Pardeiro pechou as valisoletanas, que mantiñan a intensidade, pero as continuas imprecisións facilitaron a defensa visitante. Os minutos pasaban e as ocasións eran escasas. A cinco minutos para o final, Dolo saltou á pista no xogo de cinco pero foi o Valladolid o que sentenciou o choque no último minuto con dous goles máis, Andrea desde media pista e Bea a porta baleira.
























Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
