Nota de prensa
XA FOI ARRANXADA A ROTURA DUNHA TUBERÍA DA TRAÍDA XERAL DA AUGA, QUE SE PRODUCÍA ESTA MAÑÁ NA ZONA DE REME. FERNANDO SUÁREZ ADVIRTE QUE SI ESTA AVARÍA SE PRODUCISE NO VERÁN AS CONSECUENCIAS PODERÍAN SER GRAVES E RECLÁMALLE DE NOVO Á XUNTA UNHA NOVA TRAÍDA DE AUGA PARA RIBADEO.
Ribadeo, 24 de febreiro de 2011. Xa foi arranxada a rotura dunha tubería da traída xeral da auga, que se producía esta mañá na zona de Reme. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que a poboación non notou o acontecido porque os depósitos de Santa Cruz tiñan auga suficiente para abastecer a Ribadeo durante horas. O rexedor advertiu que si esta avaría se tivese producido no verán as consecuencias poderían ser graves e aproveitou a ocasión para reclamarlle á Xunta de novo unha nova traída de auga para Ribadeo.
Suárez Barcia contou que “a primeira hora desta mañá producíase unha rotura da traída xeral da auga que ven desde Vilarbetote, no concello veciño de Trabada, ata Ribadeo. É unha máis das que nos últimos tempos se teñen producido, sempre polo bó facer da empresa concesionaria e pola sorte de que sempre que rompe, ata o de agora, o fixo en sitios accesibles, se pode resolver de maneira máis ou menos rápida. No caso da que se produciu no día de hoxe é probable que a última da tarde quede solventada a avaría, que a xente quizáis non está a notar nos seus domicilios porque os depósitos que se atopan en Santa Cruz teñen auga bastante para abastecer durante varias horas a Ribadeo”.
O alcalde advertiu que “si esta rotura se producise no medio do verán con tantísimo consumo de auga que hai poderíamos estar diante dun verdadeiro problema. Isto quero poñelo sobre a mesa outra vez, porque hai anos que desde o Concello de Ribadeo nos levamos dirixido á Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias nesta materia, para que non deixe de lado a Ribadeo”. Fernando Suárez lembrou que “hai anos que me dirixín ao daquela conselleiro socialista Pachi Vázquez, agora líder do PSOE galego, e tamén na actualidade me teño dirixido formal e informalmente ao actual conselleiro Agustín Hernández para tentar solventar esta grave carencia que ten Ribadeo. E refírome a que a acometida principal de auga, de máis de 25 kilómetros de distancia foi feita en fibrocemento, en uralita, nos anos 70, está absolutamente pasada de tempo e é necesario reemprazala canto antes por motivos de seguridade e para evitar que Ribadeo nalgún momento poida quedar desabastecida de auga, dado que tamén os depósitos que ten son pequenos para o que o concello foi medrando”.
O rexedor sinalou que “Ribadeo foi medrando nos últimos 30 anos, pero non modernizou os condutos principais, os depósitos da auga, as súas acometidas de auga desde tan lonxe, e aínda que durante estes últimos sete ou oito anos estivemos a modificar e actualizar as tuberías de moitas das rúas as acometidas principais seguen sen seren substituidas. É moi boa cousa que o goberno galego se poida involucrar nesta operación, que pode costar varios centos de miles de euros e que se debería realizar acompasada con esta obra do Ministerio de Medio Ambiente de converter a antiga vía do tren mineiro nunha senda verde. E digo isto porque por esa antiga vía do ferrocarril de Vilaodriz é por onde discorre o trazado da nosa acometida de auga”.
Suárez Barcia non quere que “caiga en saco roto esta demanda, que desde o Concello lle facemos á Xunta, porque lla temos feito máis veces tanto no mandato anterior como no actual e quero advertir que o día menos pensado si esto segue así un día no verán podemos quedar desabastecidos absolutamente de auga por non ter a Xunta unha previsión para con Ribadeo, que ten unha poboación de 10.000 habitantes de maneira estable, cifra que no verán se pode duplicar ou triplicar”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



