Segunda vitoria consecutiva do C. B. Celtas.
Foz (M.F.O) .- O C. B. Celtas-Primera Calidad gañou en Cee ante o Oso Polar Costa de Morte, rival directo pola permanencia, por 55 punto a 49. Con esta vitoria e tras gañar o pasado fin de semana en Santiago o equipo focense parece que sae da crise de resultados na que estaba metido.
Na primeira parte do encontro os mariñáns impuxeron un alto ritmo anotador e lograron irse ao descanso con trece puntos de diferencia (25-38). Na segunda metade o poderío ofensivo foise diluíndo e os locais foron recortando distancias ata poñerse a catro puntos. Pero o acerto nos tiros libres nos últimos minutos evitou a remontada.
Tras esta vitoria o Celtas sae da zona baixa da táboa e colócase decimo empatado a vitorias co noveno clasificado. Para a seguinte xornada visita Marzán o Preciosport.com Adfro cuarto na clasificación. Polo C. B. Celtas-Primera Calidad xogaron: Diego (3), Javi (6), Pablo (14), Miguel (9), Piñón (10) – Humberto (5), Sebas (4), Adri (3), Edu (1), Manuel e Fran
![]()



















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
