Nota de prensa:
Rosa Quintana asistirá á XX Festa do Ourizo
XX FESTA DO OURIZO – SAN CIPRIÁN 2011
SÁBADO, 26 DE MARZO DE 2011
PROGRAMA
XI XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO
* 12:00 h INAUGURACIÓN DAS X XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO no Auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián
* 12:15 h RELATORIO
“A recuperación biolóxica do ourizo na Mariña: unha planificación de futuro económico e social” a cargo de D. Vicente Prieto (Xefe Territorial da Consellería do Mar en Lugo), Dª Tea Martínez (Coordinadora do Centro de Investigacións Mariñas de Ribadeo) e Dª Celia Pazo (Patrona Maior de Ribadeo)
* 13:00 h CLAUSURA DAS XI XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO, a cargo da Conselleira do Mar, Rosa Quintana
X CONCURSO GASTRONÓMICO DO OURIZO
* 13:30 h ENTREGA DE PRATOS E CONSTITUCIÓN DO XURADO
Na Casa da Cultura
Concurso aberto aos locais de hostalería participantes na festa
* 13:45 h CATA E DELIBERACIÓN DO XURADO
* 14:00 h ENTREGA DE PREMIOS E DISTINCIÓNS DO CONCURSO
XX DEGUSTACIÓN – FESTA DO OURIZO DE SAN CIPRIÁN
* A partir das 14:00 h: DEGUSTACIÓN DE OURIZO NUNHA CARPA INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA DO MAR
* 18:00 h: DEGUSTACIÓN DE ESPECIALIDADES NOS LOCAIS PARTICIPANTES con pasarrúas e gaiteiros
* 23:00 h VERBENA na carpa, amenizada pola orquestra PHILADELPHIA, organizada pola Comisión de Festas de San Ciprián.
ORGANIZA:
* Concello de Cervo (Delegación de Turismo)
PATROCINA:
* Xunta de Galicia
* Fondo Europeo da Pesca
LOCAIS PARTICIPANTES:
* Restaurante Buenavista
* Café-bar Buenavista
* Mesón A Bodega
* Bar Terraza O Noso Lar
* Cervecería O Encontro
* Bar Candal
* Bar CIT
* Racións Bolboreta
* Bar Camarote
* Pizzería O Trasgo
* Bar Maruxaina




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



