Nota de prensa:
A Deputación aforrou no que vai de mandato 2 millóns de euros ós Concellos co novo sistema de recadación
– Antonio Gato anuncia que o organismo provincial adiantará este ano preto de 21 millóns de euros ós 53 municipios que teñen delegada a recadación de impostos
– Trátase dunha medida que puxo en marcha o actual equipo de goberno en 2008, e que lle permite ás entidades locais ter unha maior liquidez
– A Xunta de Goberno aproba obras en 5 Concellos por valor de máis de 1 millóns de euros coas que manterá preto de 60 postos de traballo
A Deputación adiantará este ano 20,8 millóns de euros ós 53 municipios que teñen delegado no organismo provincial a cesión de recadación de impostos (urbana, rústica, IAE –Imposto sobre Actividades Económicas-, ICV –Imposto de Circulación de Vehículos-, taxas de auga e lixo, sumidoiros e antenas parabólicas. Precisamente a Xunta de Goberno deste vernes aprobou o convenio co entidade financieira Nova Caixa Galicia para centralizar o pago dos tributos. Este ano adheríronse 3 Concellos máis: Sarria, Cervo e Pantón. Nos tres primeiros meses de ano, a Deputación xa adiantou máis de 4,2 millóns de euros.
Neste senso, Antonio Gato sinalou que “os Concellos entenderon que cantos máis sexamos máis eficientes podemos ser e, sobre todo, podemos reducir os custes. Estes adiantos permítenlles ter anticipos todos os meses. Isto supón para a Deputación un importante esforzo, xa que se lles transfire o 90% do previsto. Con esta iniciativa aumentámoslles as posibilidades de planificar con máis rigor o gasto corrente, asegurándolles, por exemplo, o pago de nóminas”.
As bases do novo sistema, que foran aprobadas por unaminidade polo Pleno en 2007 e que puxo en marcha o organismo provincial para aforrar cartos ós Concellos, rebaixan ata o 3% a porcentaxe que deberán aboar as entidades locais por este servizo. “Non pretendemos ter ingresos en función da taxa recadatoria. A demostración máis clara é que rebaixamos a taxa do 6 ó 4% e dende o ano pasado o 3%, co que aforrararemos 500.000 euros ós Concellos en 2011, que se suman ó 1.500.000 das tres anualidades anteriores”. É dicir, co novo sistema provincial de recadación aforramos ós Concellos nestes catro anos 2 millóns de euros.
Esta rebaixa de 3 puntos por debaixo do custe anual é consecuencia da boa xestión levada a cabo polo actual equipo de goberno, e tradúcese en novos ingresos para os Concellos. En 2008, os municipios adheridos foron 44, en 2009 48, en 2010 50 e, en 2011, 53. Son os seguintes: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Courel, Fonsagrada, Xermade, Guntín, Xove, Láncara, Lourenzá, Meira, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Baralla, Ourol, Palas de Rei, Paradela, Páramo, Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pobra de Brollón, Pontenova, Pol, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Rábade, Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Castro de Rei, Mondoñedo, O Saviñao, Sarria, Pantón e Cervo.
Novas obras e máis emprego
Asimesmo aprobáronse 5 novas obras en Viveiro, Ribas de Sil, Becerreá e Foz por valor de 1.051.540 euros. Coa execución destas actuacións, a Deputación axudará a manter 56 postos de traballo, que se distribúen do seguinte xeito:
– 20 empregos na dotación de servizos de saneamento e de abastecemento nas localidades de Caserío, Pallaregas, Granxas e Trasposta, en Viveiro. Trátase das dúas primeiras actuacións previstas neste município dentro do convenio do Plan Extraordinario de Obra Pública. Teñen un investimento de 220.000 euros.
– 22 coa construción do campo de tiro de Becerreá e do campo de fútbol de Foz, incluídos tamén no convenio de 1 millón de euros do mesmo plan na que se inclúe a actuación de Viveiro citada anteriormente. As dúas infraestruturas contan cun orzamento de 595.760 euros
-16 coa ampliación da Casa do Concello e Ribas de Sil. Neste caso, o investimento de 235.780 euros, e inclúese dentro do canon.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Tamén se deu o visto e prace ós tres novos proxectos europeos que solicitará a Deputación ó Ministerio de Política Territorial e que suman 28,4 millóns de euros dos que a Unión Europea aportará o 70%, 20.368.600 euros, e a Deputación, o 30% restante, 7.980.400 euros. Trátase de “Pacto polo Emprego”, segunda parte de “Lug02”, e “Innova-TE 2”. Dan continuidade ós xa acadados en 2008, polo que o organismo provincial aumentará a implantación das novas tecnoloxías da provincia aplicadas ó benestar social, favorecerá a creación de emprego nas profesións con máis futuro e seguirá apostando polo medio ambiente como unha oportunidade económica.
Asimesmo, aprobáronse 34 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2010 por valor de 390.837 euros, dos que a Deputación achega 270.239 euros. Pertencen ós Concellos de Portomarín (5), Ribas de Sil (5), Palas de Rei (3), Saviñao (3), O Corgo (2), Muras (2), A Pastoriza (2), Vilalba (2), Chantada, Folgoso do Courel, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Meira, Begonte, Pantón, Pol e Samos.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



