Nota de prensa
Gómez Besteiro anuncia que a Deputación solicitará 3 novos proxectos europeos que superan os 28 M€
– As novas iniciativas que serán aprobadas na Xunta de Goberno e que dan continuidade ás acadadas en 2008, están destinadas á implantación das novas tecnoloxías, á creación de emprego e a consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica de Lugo
– Duplicaranse os trámites que os cidadáns poden realizar telematicamente cos Concellos e coa Deputación grazas ó Innova-TE e ampliarase a extensión da banda longa
– Apostarase polo “emprego verde” coa promoción dos produtos autóctonos, da agricultura e da gandeiría ecolóxica, e mellorarase a eficiencia enerxética da provincia
– A Deputación duplicará a formación do Pacto Provincial polo Emprego coa que insertará laboralmente a 1.200 desempregados máis, e favorecerá o acceso á obtención do Certificado de Profesionalidade que concede a Xunta de Galicia
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este mércores a nova candidatura coa que o organismo provincial conseguirá novos fondos europeos concurrindo ás axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional que vén de convocar o Ministerio de Política Territorial para este ano, e que será aprobada este venres na Xunta de Goberno. No marco desta iniciativa, a Deputación solicitará tres novos proxectos que dan continuidade ós xa acadados en 2008 e cos que aumentará a implantación das novas tecnoloxías vinculadas ó benestar social, favorecerá a creación de emprego nas profesións con máis demanda e consolidará o medio ambiente como unha oportunidade económica dende unha perspectiva de sostibilidade. O proxectos suman preto de 28,4 millóns de euros, dos que a Unión Europea aportará o 70%, 20.368.600 euros, e a Deputación, o 30% restante, 7.980.400 euros.
Neste senso, Gómez Besteiro destacou que “cando chegamos á Deputación reorientamos as políticas de actuación e apostamos por tres pilares fundamentais que, xunto coa cooperación cos Concellos, considerábamos que eran onde queriamos asentar a nosa acción política. Conseguimos 33 millóns de euros coa que apostamos polo emprego a través do Pacto Provincial polo Emprego, o medio ambiente co Lug02, a administración electrónica co Innova-TE e, en Lugo cidade, o Plan Urban a través do que traballamos conxuntamente co Concello. E hoxe todo o mundo ve que a acción destes fondos europeos foi extraordinariamente positiva para esta provincia. ”.
Esta concesión marcou unha nova forma de facer política no organismo provincial, xa que todas as certificacións presentadas e as auditorías realizadas revelan que a Deputación é unha das mellores administracións que mellor está a xestionar os fondos públicos de toda España, cumprindo os prazos establecidos, tal e como subliñou o Presidente. A este respecto, Gómez Besteiro anunciou que “en todos os programas europeos que xestionamos directamente temos comprometido practicamente o 100% do presuposto”. Precisamente, hai pouco máis dun mes, no acto organizado en Madrid pola Fundación Demacración e Goberno Local, a Secretaria da Federación Española de Municipios e Provincias, Isaura Leal, puxo ó organismo provincial como exemplo de como unha administración debe de xestionar os recursos.
3 novos proxectos
Ademais da convocatoria, a Xunta de Goberno aprobará os proxectos solicitados polo organismo provincial, que dán continuidade ó programa da anterior convocatoria do Departamento do Goberno Central. Deste xeito, Gómez Besteiro sinalou que “somos capaces neste momento, froito da boa xestión económica, de ser capaces de poñer ese 30% adicional”. Son os seguintes:
1.- Pacto polo emprego 2. A través desta iniciativa ampliarase a formación iniciada polo programa existente para xerar novas oportunidades de emprego nas profesións máis demandadas. Ten un orzamento de 5.243.000 euros, dos que o Ministerio aportará o 80%, 4.193.400, e a Deputación o 20% restante: 1.048.600 euros. Este é o único que estará cofinanciado polo Fondo Social Europeo, xa que os outros dous están subvencionados con fondos FEDER.
Dentro deste programa, a Deputación duplicará a formación que nestes momentos está a prestar co actual Pacto, de tal xeito que serán preto de 1.200 persoas máis as que se beneficiarán da formación,e que se engaden ás 576 que a están recibindo nestes momentos. Ademais de ampliar a formación e os destinatarios, facilitarase que os beneficiarios poidan obtar á obtención do Certificado de Profesionalidade que concede a Xunta de Galicia, e que é imprescindible para moitas profesións.
2.- Segunda parte de Lug02. Está dotado con 7.134.000 euros. A Deputación aportará 2.140.200 e o Goberno Central os 4.993.800 restantes. Dentro deste proxecto, o Km0 “pasará á iniciativa privada porque esta xa é capaz de herdar un programa moi feito e moi formado pola administración pública. Por iso, apoioramos o programa para que sexa explotado polos negocios da provincia”. Asimesmo, crearanse 3 novos parques de ocio na provincia nos que se levarán a cabo actividades coas que se porán en valor os recursos naturais da provincia. Apostarase polo emprego verde “porque para nós este segue sendo unha prioridade co obxectivo de xerar novas oportunidades laborais na economía sostible”.
Neste senso, potenciarase a promoción dos produtos autóctonos, ademais da agricultura e a gandeiría ecolóxica como novas vías para xerar emprego na provincia. Tamén se mellorará a eficiencia enerxética da provincia a través da implantación de enerxías renovables nos edifícios públicos. Neste senso, levarase a cabo un proxecto piloto para reducir o gasto da factura enerxética nas depuradoras que teñen un alto consumo neste eido.
3.- “Innova-TE 2”, ten un orzamento de 15.972.000 euros, dos que o Ministerio achegará 11.180.400 e a Deputación 4.791.600 euros. Gómez Besteiro explicou as principais liñas de actuación, “que permitirán converter á Lugo nunha provincia punteira en materia de novas tecnoloxías”.
a) Aumentar os trámites que os cidadáns poderán realizar cos Concellos e coa Deputación. O Innova-TE actual ofrecerá ata 137 trámites administrativos. Co novo programa, duplicaranse os procedementos ata 257.
b) Potenciar o centro IN LUGO que permite ás empresas probar seus produtos de benestar social antes de sacalos ó mercado e ademais facelo con veciños.
c) Seguir extendendo a banda longa na provincia a onde non chegue a Xunta de Galicia. “A xente agora demanda máis outro tipo de comunicacións que non sexan as puramente terrestres. En todos os sitios ós que imos na provincia piden inversión tecnolóxica, dende aFonsagrada, Negueira de Muniz e ata a Ribeira Sacra ou pasando polas zonas máis montañosas da Mariña”. Na actualidade, a Deputación xa está a implantar a banda longa tanto nos telecentros como nos 50 Concellos que se adheriron ó Innova-TE. Coa ampliación, cubrirase outros edificios públicos como bibliotecas ou centros culturais.
d) Ser un referente en España na administración sen papeis ó tempo que se aumentará o aforro á Deputación e ós veciños. Deste xeito, seguirase apostando pola economía de escala como, por exemplo, a través dunha central de compras que lle permita prezos máis competitivos ós Concellos.
e) Ampliar o asesoramento que lle damos in situ ós Concellos, empresas e cidadáns.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



