Nota de prensa
MATERIALES CERÁMICOS S.A.U. INVISTE 24 MILLÓNS DE EUROS NA CONSTRUCCIÓN DUNHA NOVA PRANTA EN FAZOURO.
Burela, 22 de marzo de 2011. A empresa Materiales Cerámicos S.A.U. (Gres Burela) inviste 24 millóns de euros na construcción dunha nova pranta na localidade de Fazouro. Trátase dunhas instalacións de 40.000 metros cadrados, que se adicarán á producción de gres porcelánico.
As obras, que xa deron comezo, estarán listas no prazo dun ano. A dirección de Materiales Cerámicos S.A.U. asegura que a pranta dará traballo directo a 100 persoas e indirecto a unhas 250. Miguel Rey, xerente e propietario, subliña que “a posta en marcha destas instalacións terá moitas repercusións positivas para a economía da Mariña luguesa, e mais nos tempos de crise que estamos a vivir, nos que é prácticamente imposible a creación de emprego”.
A inversión total ascende a 24 millóns de euros, dos que 7.300.000 euros proveñen dun préstamo con fondos BEI (Banco Europeo de Inversiones) e 2.228.000 euros da concesión dunha subvención da Xunta a través do IGAPE. Miguel Rey considera que “estamos diante da maior inversión industrial que se realizará na provincia de Lugo ao longo dos vindeiros meses”.
A este proxecto industrial, que hoxe foi visitado polo conselleiro de Economía e Industria da Xunta, Javier Guerra, vai ligada a concesión eólica a Vendavales Galaicos de 18 megawatios por parte da administración autonómica.