Nota de prensa
A reducción da cota do lirio e a cabala pon en risco preto de 200 empregos en Foz
O BNG urxe compromisos claros das administracións co emprego
O Bloque Nacionalista Galego anunciou hoxe que rexistrará unha iniciativa no Concello de Foz a fin de que o Pleno da Corporación se posicione contra a recorta das cotas do lirio e da cabala, impostos pola Comisión Europea, que sitúan nunha posición limite a boa parte das embarcacións do cerco de Foz así como as industrias de transformación que no noso Concello se adican a esta actividade.
Segundo recordou Xoán Carlos Basanta, Portavoz do BNG en Foz, “Non podemos esquecer que xa o ano pasado como consecuencia de reducir de 80.000 toneladas a 24.000 a cota da cabala, cota que este ano se reduce nun 8,98%, a costeira limitouse exactamente a un mes. Isto fainos concluír que a situación neste ano vai ser moi semellante e a campaña da cabala cuxo inicio está fixado para o 14 de Febreiro non se vai alongar moito máis alá do 14 de Marzo, cando en anos anteriores esta duraba arredor de tres meses o que significa a práctica paralización de boa parte da flora durante dous meses. Unha situación aínda máis grave dáse no caso do lirio posto que os 16 arrastreiros que ocupan a 240 persoas na Mariña e que se adicaban practicamente durante todo o ano a esta pesquería. Non fai falta abondar máis nas terríbeis consecuencias en termos de emprego e o que é aínda máis grave, unha decisión deste tipo significa a morte da flota do arrastre litoral na Mariña, concretamente das parellas”. Xa por último Basanta precisou que esta decisión da redución de TACS afecta ao conxunto da flota e nese sentido alertou as graves consecuencias que significaría a reconversión dos arrastreiros en bacas o que implicaría a desaparición dos cerqueiros.
O Portavoz Municipal do BNG mostrou unha particular preocupación pola situación que se crea no sector de transformación do peixe que vinculado a estas dúas especies se desenvolveu no Concello de Foz, até o punto, de que as propias empresas do sector veñen de denunciar que esta decisión aboca as mesmas ao feche. Segundo recordou o nacionalista” na campaña de 2009 as empresas que na nosa localidade se adican a esta actividade transformaron arredor de 16.000 toneladas de Cabala, pouco menos da cota total que hoxe se lle asigna ao Estado, ocupando durante tres meses só nas labores de conxelado e fileteado nos diferentes centros de traballo que existen na Mariña a preto de 200 persoas. O ano pasado a actividade limitouse só a un mes, descendendo nun número importante a xente ocupada nesta actividade, algo que coas actuais perspectivas vaise manter. Non só estamos poñéndolle freo a unha industria cuxo nivel de facturación xa andaba por riba dos 30 millóns de euros, unha industria que estaba nun proceso continuado de expansión, unha industria que destinaba a maioría do seu produto a exportación a mercados exteriores de países emerxentes e que polo tanto xogaba un importante papel no equilibrio do déficit comercial da zona, senón que vai ter unhas consecuencias en termos de emprego importantísimas”.“ Non podemos permitir que se xogue coa actividade que máis representa en termos de emprego e facturación no noso Concello” recalcou Basanta.
Xoán Carlos Basanta referiuse as importantes inversións que asumiu o sector da transformación, asumindo así o feito de garantirlle ao mercado estatal un produto de calidade, nun mercado como é o da pesca, onde o 50% da produción, procede da exportación, e onde as especies agora afectadas polo recorte, fundamentalmente o lirio e a cabala ocupan o cuarto posto, sendo dos poucos peixes onde non compite o mercado foráneo. O nacionalista reflexionou sobre “o paradoxo da política comunitaria que financiou boa parte dos investimentos que acometeu o sector de transformación, dando por bo, xa que logo, o plano de negocios que acompaña a actividade destes centros e que coñece ao milímetro a capacidade de transformación. Esta decisión agocha unha guerra comercial e o interese dos países do norte que se adicaron a esta pesqueiría até agora para pensos e que pretenden competir co noso sector de transformación que en moi poucos anos foi capaz de abrir mercados para estes peixes tanto no espacio comunitario e estatal, como particularmente nos mercados emerxentes do norte de África e de Europa do Leste a onde exportan e destinan a súa produción as empresas que traballan en Foz”.
Xa por último afirmou que “agarda un apoio decidido do Pleno da Corporación a esta demanda, posto que nun momento como este a prioridade das políticas das diferentes administracións deben pasar pola creación de emprego. Non é este momento para postureos, senón para compromisos claros coas políticas activas de emprego. É necesario que o Goberno do Estado presione a Comisión Europea, que a Xunta de Galiza poña solucións riba da mesa e se comporte como un goberno alén de declaracións para a galería, e tamén que os grupos da Corporación definan con claridade as súas prioridades”.

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



