Nota de prensa
ADEGA pide unha moratoria para as explotacións a ceo aberto ou en chan especialmente protexido
7 de marzo de 2011. As conclusións dun recente traballo “A explotación de lousa en Galiza e os seus impactos ambientais”, de Francisco Gutiérez, da UdC, son demoledoras: os danos causados por minas e canteiras a ceo aberto son irreversíbeis e a restauración, inviábel. Destrución dos hábitats, da paisaxe, contaminación química das augas… A actividade extractiva a ceo aberto é unha lousa para o patrimonio natural e mesmo para as empresas, incapaces de facer fronte aos custos de restauración, e menos en época de crise. Así as cousas, ADEGA demanda da Xunta unha moratoria das explotacións a ceo aberto ou que afecten a chan rústico especialmente protexido, mentres non se aproba o Plano Galego da Minaría e se afronta a recuperación das actuais. A Xunta non debería conceder novos permisos de explotación e menos ás mesmas empresas que desentendéndose da restauración das súas canteiras pretenden abrir outras novas, nunha fuxida cara adiante que arruinará o medio para sempre.
A recente lei 3/2008 da Minaría de Galiza chegou tarde: malia a establecer a obrigatoriedade dun Plano de Restauración (art. 17); esixir garantías financeiras para facer fronte á rexeneración atendendo aos custos reais (art. 32); e a non subvencionar labores de restauración para que as empresas non evadan as súas responsabilidades (art. 44), o certo é que en ausenza dun Plano Galego da Minaría, o sector segue a funcionar con criterios curtopracistas, primando o beneficio inmediato e deixando a restauración para máis adiante… se chega. Ademáis, nesta época de crise e fronte á competencia chinesa no sector da loiusa, moitas explotacións están a pechar sen facer fronte á restauración das súas explotacións e deixando un territorio desfeito, consecuencia da estraxeia de “colle os cartos e corre”.
Cómpre lembrar tamén que moitas das explotacións máis agresivas, nomeadamente as canteiras de lousa do Courel e Valdeorras, e que estaban nunha situación de alegalidade denantes de xuño de 2007, foron logo “indultadas” pola Xunta, bendicindo de facto os sistemas insustentábeis de explotación e os danos -agora irreversíbeis- causados en comarcas como O Courel. Daqueles pos, veñen agora estas lamas…
ADEGA demanda tamén da Xunta a posta en marcha do Consello da Minaría de Galiza, consagrado na Lei 3/2008, organismo consultivo que permitirá a participación da sociedade na elaboración, deseño e execución da política mineira. Este 2011 cumprinanse 800 anos da construción da catedral de Santiago, unha das xoias do noso patrimonio histórico.. Ninguén dubida de que é necesario investir ha súa conservación. O Courel, auténtica catedral da xeodiversidade galega, de máis de 600 milóns de anos de antigüidade, está esmorecendo baixo os cascallos ante a pasividade da administración.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



