Nota de prensa
O DOG publica hoxe o anuncio de exposición ó público do proxecto de construcción de actualización e terminación das obras e acceso ó porto de Burela.
González Barcia afirma que a Xunta de Feijoo cumple o anunciado.
Burela, 9 de marzo de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio de exposición ó público do proxecto de construcción de actualización e terminación das obras de acceso ó porto de Burela, en función dunha resolución dictada pola Directora Xeral de Infraestructuras Ethel Vázquez Mourelle o pasado 28 de febrero. O proxecto foi aprobado provisionalmente por resolución da propia Dirección Xeral o pasado 18 de febrero.
Segundo consta no anuncio, o proxecto busca disminuir o impacto visual da traza inicialmente prevista e actuar cáseque na súa totalidade en zonas xa alteradas polas obras.
O prazo de exposición pública para particulares é de trinta días hábiles contados a partires de mañán xoves, co que o prazo remata o día trece de abril.
O candidato popular e portavoz municipal José María González Barcia mostrou a súa satisfacción pola publicación deste anuncio: “tanto o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, como a Directora Xeral de Infraestructuras manifestáronnos que, logo de ter elaborado o proxecto, que redactou a empresa Eptisa, o paso seguinte era expoñelo ó público para a presentación de alegacións por particulares e administracións no caso de habelas, resolvelas, e posteriormente iniciar o proceso de licitación. A semana pasada xa anunciamos que ó longo da presente se publicaría no DOG o anuncio de exposición pública. Pois ben, á vista está que a Xunta de Núñez Feijoo cumple, o que sen dúbida é unha satisfacción para o noso grupo político, que en todo momento se preocupou por esta obra, de vital importancia para Burela, como o demostra que nos desprazáramos dúas veces a Santiago para manter as reunións pertinentes co conselleiro e coa directora xeral”.
González Barcia manifestou ademais que “aqueles que dubidaban de que esta obra continuase adiante, seguramente que non se preocuparon nin moito nin pouco por falar e reunirse con quen hai que falar e reunirse, ainda que sí estiveron prestos a sair nos medios informativos sementando dúbidas entre a cidadanía”.
Finalmente, o candidato popular indicou que “este anuncio de exposición pública é un paso adiante para que a obra, tan importante para Burela, continúe e poidamos así vela rematada”.
DIARIO OFICIAL DE GALICIA
Nº 47 _ Mércores, 9 de marzo de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 4.061 Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou, cando se trate de emprazamentos. E para que lle sirva de notificación a Contratas y Construcciones Marineda, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios. A Coruña, dez de febreiro de dous mil once. María Blanco Aquino Secretaria xudicial VI. ANUNCIOS a) DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Resolución do 28 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de actualización e terminación das obras e acceso ao porto de Burela, clave LU/06/048.03.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado. Por resolución da Dirección Xeral de Infraestruturas do 18 de febreiro de 2011 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción da actualización e terminación das obras e acceso ao porto de Burela, clave: LU/06/048.03.1. As obras de acceso ao porto de Burela foron licitadas por Resolución do 28 de decembro de 2006 (DOG nº 9, do 12 de xaneiro de 2007) e iniciáronse o 6 de outubro de 2007. Durante a fase de execución das obras xurdiu a necesidade de modificar o proxecto orixinal para, por unha parte, diminuír o impacto visual e, por outra, mellorar a súa funcionalidade. Isto motivou a paralización das obras en marcha e a redacción dun documento que agora se somete a información pública e onde se reflicte a traza actualmente proposta e que permitirá, unha vez aprobada definitivamente, o remate das obras. A necesidade desta actuación apóiase na conveniente creación dun sistema viario que permita unha nova canalización do tráfico rodado derivado da actividade que produce o porto de Burela, onde se facilitará e axilizará o tránsito pesado ao dito porto, reducindo os riscos e distorsións ambientais que significa o paso deste tipo de vehículos polo núcleo urbano, necesidade reflectida no planeamento urbanístico vixente no municipio de Burela. As normas subsidiarias de planeamento aprobadas o 22 de abril de 1988 foron modificadas puntualmente para incluír no planeamento a traza desta nova vía. Esta modificación apróbase definitivamente por Orde do 26 de xullo de 2005. Así mesmo, a resolución do 28 de outubro de 2005 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental estableceu a non necesidade de someter o proxecto orixinal ao trámite de avaliación de impacto ambiental. O proxecto actual o único que fai é diminuír o impacto visual da traza inicialmente prevista e actúa case na súa totalidade en zona xa alterada polas obras. Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente, RESOLVO: Primeiro.-Que o proxecto de construción de actualización e terminación das obras e acceso ao porto de Burela, clave: LU/06/048.03.1, se someta, consonte o determinado no artigo 15 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, ao trámite de información pública, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Infraestruturas as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global da súa traza. Segundo.-Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1º do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente ao proxecto de trazado da obra de referencia, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa. Terceiro.-O período de información pública será de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e o expediente está exposto ao público na Dirección Xeral de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Lugo e no Concello de Burela. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: (http:\\www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2199), atópase ao dispor dos interesados un documento resumo do proxecto. Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2011. Ethel Vázquez Mourelle Directora xeral de Infraestruturas





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



