Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ VISITOU AS OBRAS DA NOVA DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS, QUE ESTÁN A PIQUES DE REMATAR. O REXEDOR DESTOU O INVESTIMENTO REALIZADO POLA XUNTA E LEMBROU QUE FOI O CONCELLO O QUE MERCOU OS TERREOS NOS QUE SE ESTÁ A CONSTRUIR DITA INSTALACIÓN.
Ribadeo, 21 de marzo de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, visitou hoxe as obras da nova depuradora de augas residuias, que a piques están de rematar en Vilaselán. O rexedor asegurou que se trata dunha das mellores instalacións de Galicia, destacou o investimento realizado pola Xunta e lembrou que foi o Concello o que mercou por 140.000 euros os terreos nos que se está a construir esta infraestructura.
O alcalde sinalou que “xa estamos chegando ao remate desta construcción tan importante para Ribadeo como é esta estación depuradora de augas residuais, que se está a acometer aquí en Vilaselán moi cerquiña de onde Ribadeo ten a súa depuradora. Aínda que esta outra nova, que entrará en funcionamento nos vindeiros meses, é algo absolutamente diferente en prestacións e en calidade constructiva, pero sobre todo no que será o tratamento futuro de todas as augas residuais da vila de Ribadeo e das parroquias costeiras”.
Fernando Suárez dixo que “esta depuradora é unha das mellores, por non dicir a mellor, de Galicia. Hai que resaltar un dato, a construcción desta infraestructura está nos 6 millóns de euros e a explotación durante 20 anos, que irá con cargo ao canon de saneamento da Xunta, ascende a uns 18 millóns de euros. Todo isto sen que os veciños de Ribadeo deban aportar un céntimo máis no seu recibo, dado que xa están a pagar o canon de saneamento… nos vindeiros vinte anos non será repercutido nada deste custe de mantemento, xestión e explotación desta instalación”.
O rexedor ribadense subliñou que “a depuradora actual, que ata o de agora está a resolver mellor ou peor os problemas de Ribadeo, ten un primeiro ciclo de desbaste, de sacar a tona, de sacar as graxas, as areas… e esta nova depuradora ten tres ciclos. O primeiro é o que viña facendo a antiga instalación que temos; o segundo é un ciclo biolóxico onde as bacterias irán comendo a parte máis dura, a que a día de hoxe estaba indo ao mar e no terceiro ciclo os raios ultravioleta farán que a saída da auga, non sexa exactamente para beber, pero que os parámetros de verquido serán infinitamente mellores aos que actualmente están indo ao mar”.
Fernando Suárez pensa que “unha vez que a nova depuradora entre en servizo o río de Vilaselán, que tanta xente empregou para bañarse hai 30 ou 40 anos, voltará a estar en perfectas condicións porque así o posibilitará a maravilla técnica desta construcción”. O rexedor lembrou que “a Xunta é a que está a levar adiante esta obra, pero o Concello fíxoo posible dado que adquirimos todos eses terreos para poñelos a disposición de Augas de Galicia por importe de 140.000 euros, procedentes de fondos propios. É unha das inversións máis importantes e máis beneficiosas tanto para o medio ambiente como para os veciños e veciñas do noso concello e ademáis un referente en modernidade e en compromiso medio ambiental para Ribadeo”.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



