Nota de prensa
Os populares reclaman a contribución decisiva e imprescindible dos gobernos populares para que o primeiro de maio sexa posible a apertura destas instalacións contraincendios.
O veto de Besteiro aos alcaldes populares supón un desprezo aos veciños dos concellos aos que representan
* A intencionalidade final do Presidente da Deputación era disimular que durante os catro anos de convivnecia do bipartito Deputación e na Xunta foron incapaces de abrir os parques contraincendios e boicotearon o cronograma previsto polo PP.
Barreiros, 11 de marzo de 2011.- Alcaldes, portavoces locais, deputados autonómicos e outros cargos públicos do Partido Popular da Mariña lucense, concentráronse esta tarde diante das instalacións do parque de bombeiros de Barreiros cun dobre obxectivo: Por unha banda, reclamar a contribución decisiva e imprescindible dos gobernos do PP para a apertura destas instalacións contraincendios e tamén, para denunciar o “veto” do Presidente da Deputación, Gómez Besteiro, a varios alcaldes desta formación política que non foron convidados ao acto de inauguración do parque de Barreiros que tivo lugar no día de onte.
O secretario provincial dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro Orol, sinalou que a actitude de Besteiro, “vetando a varios alcaldes do PP, pese a que forman parte do Consorcio Provincial de Bombeiros”, supón ademais dun claro exemplo de sectarismo político e de falta de respecto institucional, unha mostra de evidente “desprezo aos veciños dos concellos aos que estes rexedores representan”. Besteiro esquece ao non invitar a varios alcaldes polo feito de ser do PP, “que por riba da cor política, estas persoas son os máximos representantes dos seus veciños, daqueles que, cos seus impostos, puxeron os cartos que fan posible a creación destes parques de bombeiros”.
ESCASO RIGOR DEMOCRÁTICO
O secretario dos populares lucenses sinala tamén que non é a primeira vez que o Executivo bipartito provincial amosa “o seu escaso rigor democrático e impregna os seus actos protocolarios do tufo partidista” pero esta vez “sobrepasou os límites do admisible”.
DISIMULAR A CONTRIBUCIÓN DECISIVA DO PP
Paralelamente os populares quixeron poñer de relevo a contribución decisiva dos gobernos do PP para que hoxe A Mariña lucense dispoña destes parques contraincendios. De feito sospeitan que a intencionalidade final do “veto aos alcaldes populares por parte do Presidente da Deputación “era disimular que durante os catro anos de goberno monocolor, de bipartito –tanto na Deputación, como na Xunta- foron incapaces de abrir os parques contraincendios e non só iso, senón que boicotearon e atrasaron o cronograma previsto polo PP”.
Os populares sinalan que tivo que regresar o PP á responsabilidade de goberno na Xunta, para darlle o impulso decisivo á apertura destas instalacións: “Así o fixemos no seu inicio, aló polo 2005, cando moitos dos alcaldes do PP, moitos dos vetados polo Sr. Besteiro, iniciaron os pasos para a creación deste servizo. E así o volve a facer o PP hoxe, xa que, grazas ao Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo, deuse o impulso definitivo para a apertura destas parques, como tamén para a licitación das instalacións de Viveiro, que durante catro anos o bipartito foi incapaz de levar adiante”



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



