Nota de prensa
O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO DOMINGO O DÍA DA MULLER TRABALLADORA CUN CONCERTO DO GRUPO FEMININO MALVELA
• A actuación quere ser unha homenaxe ás mulleres do municipio e celebrarase no Auditorio municipal a partir das seis da tarde
• A entrada é libre e aberta a tódolos públicos
Cervo, 11 de marzo de 2011.- O Concello de Cervo, a través da súa concellería de Asuntos Sociais organiza o vindeiro domingo, día 13 un concerto no Auditorio Municipal de San Ciprián coa actuación do grupo feminino Malvela para celebrar a conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora.
Segundo precisou a concelleira Pilar Armada, o acto quere servir de homenaxe a todas as mulleres do concello e serve tamén como colofón doutras actividades, como os campionatos de tute e parchís, desenvolvidos dende o Concello co gallo desta festividade.
A delegada de Asuntos Sociais e Benestar precisou que a pesares de ser unha homenaxe ás mulleres a entrada ao concerto é libre e gratuíta para todas as persoas que queiran acudir a el. O Concerto comezará a partir das 18.00 horas.
MALVELA
Malvela está formado por un grupo de mulleres de distintas xeracións preocupadas por rescatar os cantos vellos da súa comarca, perseverando na teima de non deixalos esmorecer e de arquivar todo o patrimonio musical e etnográfico da bisbarra de Mos.
Amáis das voces da señora Carmen –que vén de editar un disco en solitario baixo o título de Na flor dos meus anos–, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carme, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa, Merchi, Adela e Juaniña, Malvela conta cunha variada formación instrumental na que se atopan Gustavo Domínguez ao acordeón e á zanfoña, Raquel Domínguez á gaita e as frautas, Pablo Ces ao bombo, Anxo Pardo ao tambor e ás tarrañolas, Abilio Santos ao cavaquiño, á viola braguesa, á harmónica, ao adufe e á voz; e, por último, Ana Senlle á percusión e na dirección vocal.
Tanto nos discos como nos directos, Malvela transmite un ambiente festivo ao que contribúe tamén o feito de ter xuntado distintas xeracións de mulleres, dende a veteranía dos oitenta e dous anos da señora Carmen até os vinteseis da gaiteira Raquel, a máis nova. Elas e todas as demáis rescatan eses cantares vellos coa súa forza e convicción naturais, que empregan ben a fondo cada vez que pisan un palco. Un concerto de Malvela é sempre participativo, unha ocasión única para desfrutar da mellor música popular de Galiza. Elas fan posible que a tradición musical galega reviva con frescura e espontaneidade e que chegue a todo tipo de públicos.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



