Nota de prensa
Aforro enerxético: as administracións, exemplo de ineficiencia e despilfarro
Este 5 de marzo celébrase o Día Mundial da Eficiencia Enerxética para reflexionarmos sobre o uso da enerxía e os impactos que no ambiente ten a súa produción, transporte e consumo. Con tal motivo, as administracións promoven na cidanía hábitos de aforro, mentres só adoitan medidas illadas ou conxunturais obrigadas pola crise e manteñen políticas de despilfarro. As estratexias de aforro, eficiencia e suficiencia enerxética deberan ser transversais, mais fican esquecidas fronte ás grandes infraestruras e proxectos faraónicos. A mesma Xunta, que neste día propón o xogo “Se enerxía queres aforrar, pola túa casa debes empezar” debería aplicarse o conto: a Cidade da Cultura, por exemplo, é o paradigma da ineficiencia: con só 2 dos 6 edificios abertos xa gasta 12.000€ ao mes en calefacción (de gas), o equivalente a 671 fogares. Ninguén pensou en instalar calefacción solar no Gaiás enchendo de placas os milleiros de m2 de teitos planos do complexo?
Moitos edificios e instalacións administrativas presentan deficientes illamentos, manteñen as luces acesas case todo o día ou as calefaccións e aires acondicionados en níveis pouco recomendábeis, que mesmo poden orixinar problemas de saúde. Tampouco hai que esquecer o hipertrofiado parque móbil público, pragado de veículos de alta gama e consumos estratosféricos, que mesmo agardan cos motores acesos e as calefaccións prendidas polos seus distinguidos ocupantes. Neste país é case unha utopía pensar nun conselleiro acudindo á Xunta en bicicleta ou en transporte público, como fan moitos responsábeis institucionais dende hai décadas en diversos países de Europa.
As administracións están instaladas na cultura da exclusividade e o despilfarro, esquecemdo que para que a cidadnía acreditemos nas súas medidas e campañas de aforro, primeiro terían que dar exemplo. Porén, máis aló de medidas testemuñais ou conxunturais, a maioría das veces obrigadas pola crise e os altos custos da enerxía, as administracións seguen insistindo en políticas desbaldidoras de recursos e que causan graves impactos ambientais. Programas de infraestruturas de comunicación por estrada como o MOVE (“o 80% dos galegos van ter a menos de 10 min. unha vía de alta capacidade” Feijóo dixit), absorben milleiros de millóns de euros e fomentan o abuso do automóbil particular.
E na política enerxética, o produtivismo é o que manda: o vixente Plano Enerxético deseñou un horizonte maior consumo de enerxía e pretende incrementar a capacidade de xeración, mais pouco di do aforro. Sería máis acaída unha planificación enerxética na que o control sobre a demanda e o estímulo do aforro e a eficiencia contribuiran a desvencellar o crecemento económico do incremento da produción e consumo de enerxía. Neste horizonte, as fontes renovábeis deberían desempeñar un papel fundamental, mais non unicamente como complemento ou engadido ás fontes non renovábeis: deberiase incidir no seu caracter de alternativas, ao carbón, os derivados do petróleo e tamén ao gas natural.
As políticas enerxéticas deberían incluir tamén planos de fomento da enerxía solar (térmica e fotovoltaica) a nível doméstico e de PEMES, con obxectivos cuantificados e temporalizados e orzamentados, xa que a actual dotación económica do INEGA e IDAE resulta claramente insuficiente dada a crecente demanda social e o novo Código Técnico da Edificación. Candos millóns de metros cadrados de teitos están desaproveitados nos polígonos industriais, hospitais, colexios… cando podían estar xerando enerxía e auga quente e contribuindo ao auto-abastecemento destas instalacións, abaratando os custos e reducindo as emisións de GEIs?
En cando ao aforro, este debería estar orientado preferentemente a aqueles sectores económicos con maior consumo, alén das administracións públicas, e debería excluir a subvención directa. A Xunta de Galiza debería poder intervir sobre a política tarifaria aplicada aos grandes consumidores industriais, moitos deles asociados á queima de recursos non renovábeis e altamente contaminantes, responsábeis de boa parte das emisións de GEIs de Galiza.
Finalmente, o compromiso da cidadanía é chave para virar cara a sustentabilidade o actual modelo enerxético. Por iso é preciso complementar as políticas de aforro con planos de divulgación social e educación ambiental acordes coa crecente co-responsabilización da cidadanía na xestión dos recursos naturais. Mais é preciso que antes as institucións públicas den exemplo e desenvolvan medidas tendentes a millorar o aforro, a eficiencia e a suficiencia enerxética nas súas instalacións e servizos: mentres, á cidadanía non nos vai valer con boas palabras e xogos de rol.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



