O BNG TRASLADA AO PARLAMENTO A DEMANDA PARA LIMPAR OS LODOS ACUMULADOS NO ENCORO DE RÚA QUE ABASTECE DE AUGA A CERVO E BURELA
A Xunta négase agora a retirar os lodos que ocupan o 25% da capacidade do encoro
Os nacionalistas queren evitar que Cervo e Burela paguen a auga mais cara do país
O BNG de Cervo e Burela por medio de Neves Cando e Xoán Antón Estúa criticaron o incumprimento do compromiso incluído no proxecto de abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela derivado das compensacións pola segregación dos dous concellos en 1995. Os nacionalistas lembraron que foi un goberno autonómico do PP o que asinou a segregación, prometeu garantir un abastecemento de auga sen custe algún para os cidadáns, comprometeron un proxecto ambicioso, dragando o encoro de Rúa para evitar os bombeos de auga desde o encoro de Río Covo polo elevado custe de explotación e agora vemos como haberá que pagar a obra e os bombeos cando sexan necesarios, trasladando aos veciños e veciñas dos dous concellos os incumprimentos dos compromisos dos gobernos autonómicos do PP de antes e de agora.
Os veciños de Cervo e Burela pagarán a auga mais cara do país
Ambos representantes nacionalistas explicaron que o proxecto de abastecemento contemplaba incrementar a capacidade do encoro de Rúa, diminuída nun 25% por acumulación de lodos, xa que este depósito permite pola súa altura abastecer por gravidade aos dous concellos e só se utilizaría a captación alternativa dende Río Covo en casos excepcionais polos elevados custes de explotación derivados da necesidade de bombear auga á planta potabilizadora da Senra. A negativa do actual goberno galego de executar o dragado repercutirá necesariamente no prezo dos recibos polo que os veciños de Cervo e Burela pagarán a auga mais cara do país ao incluír a obra, os elevados custes de explotación e a suba prevista na nova Lei de Augas aprobada recentemente polo PP.
Os dous concellos aprobaron acordos plenarios esixindo o dragado do encoro de Rúa
Os plenos das corporacións de Cervo e Burela acordaron no mes de novembro pasado instar á Xunta de Galiza a executar o dragado da presa de Rúa e curiosamente no mesmo mes a Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, anunciaba a execución da obra. Aínda así, nin os orzamentos autonómicos para 2011 incluíron partida algunha para esta obra, nin o PP no Parlamento Galego aceptou aprobar unha emenda nacionalista para incluír unha partida económica para este fin.
O PP terá a oportunidade de decidir si quere ou non evitar que Burela e Cervo paguen a auga mais cara que os demais concellos do país.
Cando e Estúa anunciaron a presentación dunha iniciativa parlamentar na que se insta á Xunta de Galiza a executar no prazo de seis meses o dragado do encoro de Rúa. Os nacionalistas afirmaron que despois da petición de ambas corporacións e os anuncios feitos públicos pola Delegada Territorial da Xunta en Lugo, non sería comprensíbel un voto negativo a esta petición que ademais de recuperar o que xa estaba previsto con anterioridade, evitará que á cidadanía de Cervo e Burela paguen a auga mais cara do país.

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



