Nota de prensa
RAQUEL ARIAS E O ALCALDE DE BARREIROS ASINAN O CONVENIO DE ADHESIÓN DESTE CONCELLO Á REDE DE AULAS CEMIT, NA QUE PARTICIPAN 17 MUNICIPIOS LUCENSES
* Estes centros brindan aos veciños a oportunidade de facer uso das novas tecnoloxías de xeito gratuíto
Lugo, 18 de marzo de 2011.- A delegada territorial, Raquel Arias, e o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, asinaron o documento de adhesión deste municipio á rede de aulas CeMIT –Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia-, co que xa son 17 os concellos da provincia que participan deste proxecto.
As aulas CeMIT son unha iniciativa da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica que brinda aos cidadáns acceso gratuíto ás novas tecnoloxías, xa que teñen como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación entre a poboación, especialmente nos colectivos onde a fenda dixital é máis evidente.
Raquel Arias destacou a importancia deste proxecto, “que persegue a alfabetización dixital da sociedade galega”. A delegada subliñou que “estas aulas fomentan o uso das TIC entre a poboación en xeral, pero tamén promoverán a formación dixital entre os profesionais galegos”. Así, explicou, programaranse actividades exclusivamente dirixidas “a mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información”.
Neste sentido, a delegada sinalou que o Plan de Formación 2011 para a rede de centros CeMIT recolle unha oferta de máis de 1.000 cursos gratuítos que se impartirán en 89 concellos galegos, mediante formación presencial e online.
O programa formativo está dividido en tres áreas: A alfabetización dixital, a formación multimedia e audiovisual, e a formación avanzada para os profesionais galegos das TIC, microempresas e autónomos así como traballadores da Administración pública.
Deste modo, a rede CeMIT configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na comunidade autónoma. As aulas están dotadas de avanzado equipamento audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e teñen xa implantación en todas as comarcas de Galicia.
Na provincia de Lugo adheríronse a esta iniciativa os concellos de O Vicedo, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Riotorto, Guitiriz, Lugo, A Fonsagrada, Monterroso, Sarria, Becerreá, Chantada, Carballedo, Monforte de Lemos e Quiroga, aos que suma agora Barreiros.
Na liña dos convenios precedentes, o convenio co concello de Barreiros establece que este asumirá as obras necesarias no local, a contratación dunha liña ADSL de alta velocidade con IP fixa exclusiva para a aula e a contratación dunha persoa encargada de atender o servizo.
Pola súa banda, a Xunta acondicionará e dotará o local e abonará aos concellos unha cantidade equivalente ao o 80% do salario do Axente TIC, sendo o municipio o que achegue o 20% restante.
A Rede CeMit ten a vocación de achegar os contidos e os servizos tecnolóxicos en igualdade de oportunidades a todos os galegos. Con este obxectivo a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinaron o pasado mes de abril un acordo para difundir, promocionar e potenciar a Rede, co obxectivo de que os concellos se sumen á iniciativa para que o novo modelo acade o maior ámbito xeográfico, institucional e social posible.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



