Nota de prensa
O BIPARTIDO RECLAMARÁ Á XUNTA NO PLENO MUNICIPAL DE MAÑÁ A POSTA EN MARCHA DUNHA SEGUNDA ESCOLA INFANTIL EN BURELA.
Burela, 30 de marzo de 2011. O bipartito reclamará á Xunta no pleno municipal ordinario que se celebra mañá a posta en marcha dunha segunda escola infantil en Burela para atender toda a demanda existente e que concerte as 20 prazas autorizadas para o centro de día da Fundación Eu Son.
O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “a segunda escola infantil estámola a reclamar desde hai moito tempo, prácticamente desde que entramos no Concello é a nosa intención ou ben facer unha nova escola ou ubicar por exemplo na Casa do Mar dúas unidades. Neste caso teríamos que solicitarlo ao ISM”. O rexedor subliñou que “neste momento temos unha demanda de 25 a 30 alumnos e sería importante habilitar ese local, sobre todo mentras non se constrúe a escola que nós reivindicamos”.
Llano lembrou que “xa estivemos dúas veces en Santiago falando e non foi posible chegar a un acordo para ampliar ou facer unha nova escola infantil. Como vemos o problema e sabemos que vai ir a máis, a nosa intención é insistir de novo nesta demanda”.
Na sesión plenaria de mañá “tamén trataremos de aprobar a solicitude á Xunta de Galicia do concerto de prazas para o centro de día da Fundación Eu Son de Burela. Dito centro xa se rematou o ano pasado, hai unhas instalacións perfectamente dotadas para atender á xente con estas necesidades específicas. Nós queremos chegar ás 20 prazas concertadas, en Santiago chegaron a decirnos que 20 non, pero igual 12 sí e ao final non hai ningunha”. Alfredo Llano pensa que “se trata dun servizo moi demandando en Burela e no resto da Mariña e non entendemos como non se concertan as prazas suficientes como para poñer a andar. Consideramos que é moi importante e por iso vamos insistir”.
O rexedor engadiu que “no pleno tamén veremos o escrito de Elisa Crego no que pide a súa incorporación ao grupo non adscrito. Este asunto irá ao final para que esta concelleira poida falar e decir o que considere oportuno”.
Acceso ao porto
O alcalde de Burela anunciou a convocatoria dunha xuntanza cos veciños afectados pola modificación do proxecto de acceso ao porto nos primeiros días de abril para resolver as dúbidas que lles puideran xurdir. Llano manifestou que “agora está a exposición pública dito proxecto, hai que lembrar que suporá o desprazamento da vía do tren e iso afectará a algunhas fincas colindantes. Os veciños están preocupados e están a vir por aquí. Imos facer unha xuntanza con eles nos primeiros días de abril, quero traer un técnico da Xunta para que lles explique o proxecto e tamén estarán os técnicos municipais para despexar todas as dúbidas existentes e que así se fagan as cousas o antes posible e o proxecto poida seguir adiante en breve”.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



