Nota de prensa
CASTIÑEIRA RESALTA QUE A VISITA DE ALVAREZ CAMPANA A FOZ DEMOSTRA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA DE INICIAR O DRAGADO E O INTERESE DE REORGANIZAR A ZONA PORTUARIA QUE NOS SOLICITAMOS NO PARLAMENTO, E POLO CONTRARIO A AUSENCIA DO ALCALDE MOSTRA UN “PASOTISMO TOTAL” INACEPTABLE.
Foz, 03/03/11.- O candidato Popular Focense Javier Castiñeira está satisfeito da visita realizada o día 2 polo Director de Portos de Galicia Álvarez Campana, e mais da delegada territorial Raquel Arias, o Deputado Balseiro cos técnicos de portos, que visitaron as instalacións portuarias xunto con responsables da Cofradía de pescadores o clube náutico, e o Partido Popular que foi quen solicitou á Xunta de Galicia a reorganización da zoa portuaria, a construción do porto deportivo para 400 amarres, e o único grupo político que se interesou en Santiago por levar a diante o citado dragado.
Lamentamos a ausencia do Sr Rivera, alcalde de todos os focenses que se retirou unha vez falou coa prensa sen haber chegado o Presidente de Portos que traía un pequeno retraso de media hora no horario establecido, coa perplexidade dos que alí estábamos presentes, demostrando un desinterés e unha falta de respeto tremendo ante as institucións alí representadas e os temas tan importantes a tratar.
Está claro que Rivera non se esforza o máis mínimo por requirir o dragado nin obra algunha á xunta de Galicia, e prefire facelo dende os medios de comunicación e non directamente cos responsables da Consellería, como así fixo a cofradía de pescadores, o clube náutico e o Partido Popular, quedando claro que si a visita ven da Xunta de Galicia non é igual de ben recibida que si ven do Sr Besteiro da Deputación de Lugo.
Unha falta de respeto institucional que rozou o ridículo e que dende logo non escureceu o importante da visita, que era mostrarlle aos representantes da Xunta e aos técnicos a necesidade de acometer o dragado o antes posible, e falar do futuro das instalacións portuarias de Foz e da restruturación solicitada no Parlamento de Galicia polos populares focenses, que para totalidade dos alí presentes é unha actuación fundamental para o desenrolo futuro do pobo, non sabemos si ao alcalde Rivera lle parece o mesmo, posto que vindo do Partido Popular é probable que non lle interese.
Os responsables da Xunta tamén comprobaron o funcionamento do sistema experimental implantado no porto de videovixilancia, que aposta por reforzar a seguridade nos equipamentos portuarios da Mariña.
Queremos agradecer tamén a parte do compromiso da Xunta, o propio da Cofradía e do clube Náutico que ao contrario do Alcalde focense, sí están a tirar do carro para que estas obras se acometan de urxencia.


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



