Os nacionalistas sempre recorren ás mesmas estratexias: manipulación da realidade, alarmismo social e mentiras deliberadas, segundo os deputados popular Emma Álvarez Chao e José Manuel Balseiro Orol
O PPDEG REITERA QUE NO BNG SEGUEN A MENTIR A SABENDAS EN RELACIÓN CO CANON DA AUGA, COA FALSA OBRIGATORIEDADE DE INSTALAR CONTADORES E CO COBRO DE TRAÍDAS E POZOS PARTICULARES NA NOVA LE DE AUGAS
· Os populares emprazan aos nacionalistas a que abandonen a súa política do panfleto contando mentiras a todos os veciños e intentando enganalos
Viveiro, 2 de marzo de 2011.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Emma Álvarez Chao e Jose Manuel Balseiro Orol insistiron en que os nacionalistas sempre recorren ás mesmas estratexias: manipulación da realidade, alarmismo social e mentiras deliberadas, neste caso aplicadas á falsa interpretación que eles fan do canon da auga.
Os parlamentarios lembran que a nova Lei de augas recolle expresamente beneficios na xestión da auga no noso territorio, sobre todo no medio rural. Eximindo na práctica do pago do canon de feito expreso aos usos domésticos con captacións propias e aos usos agrícolas, gandeiros e forestais. Esta situación contraponse radicalmente co que están a difundir socialistas e nacionalistas en diversas charlas organizadas polos núcleos rurais da comarca.
Balseiro Orol e Álvarez Chao insisten en que o propio Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, ten explicado que o cobro a traídas particulares e pozos é antieconómico xa que está bonificado nun 90% -isto é, resulta máis caro efectuar as comprobacións necesarias para o cobro que o beneficio que a administración obtén polo mesmo- e, en consecuencia, na práctica non se efectuará ningún tipo de pago, nin como é lóxico, obrigarase a ninguén á instalación de contadores.
Os parlamentarios tamén deron conta doutros beneficios introducidos pola nova Lei de auga como son as bonificacións para as familias numerosas ou o pago en función do grado de consumo, polo que abonarán un maior importe aqueles que maior uso individual fagan da auga, o que é máis xusto e equitativo.
Os populares emprazan aos nacionalistas a que abandonen a súa política do panfleto contando mentiras a todos os veciños e intentando enganalos e amosan o seu total convencemento de que nin as altas doses de hipocrisía política aderezadas con altas doses de irresponsabilidade servirán para que PSOE e BNG poidan recuperarse das lentas dixestións que lle producen as victorias electorais do Partido Popular e a xestión eficaz, austera e comprometida con Galicia que desenvolve o Goberno que preside Alberto Núñez Feijoo.
Nota de prensa

















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



