Nota de prensa
O peche da pesqueira afecta a arrastreros, cerqueiros, embarcacións de artes menores e artes fixos de Caladoiro Nacional Cantábrico Noroeste
arredor de medio millar de tripulantes da mariña poderían beneficiarse de aceptar o ministerio as propostas do grupo popular sobre a pesquería da xarda
* Os populares piden ao Ministerio que esclareza a suposta sobrepesca de xarda e, de confirmarse, promova unha modificación do regulamento europeo que permita devolver o exceso de capturas nun prazo de dez anos.
Santiago, 10 de marzo de 2011.- Arredor de medio millar de tripulantes da Mariña lucense poderían beneficiarse de aceptar o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño as propostas que o Grupo Parlamentario Popular vén de formular e facer públicas en apoio da flota que participa na pesqueira da xarda. O peche desta pesqueira, que afecta tamén aos arrastreiros, cerqueiros e embarcacións de artes menores e artes fixos do Caladoiro Nacional Cantábrico Noroeste con porto base na nosa comarca, obriga a devolver a xarda capturada ao mar, xa que non estamos ante un caso de escaseza de recurso, senón ante unha prohibición de captura e venta, ordenada polo Ministerio e motivada por unha insuficiente cota.
Tres sons as reclamacións que os populares efectúan ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño: Primeiro, que para evitar a sobrepesca se estableza un sistema de control e seguimento de descargas que permita un coñecemento diario do consumo efectuado sobre as diferentes cotas de pesca, especialmente da xarda, asignadas para a flota do Cantábrico Noroeste. Segundo, que non se recorra, anule e non acepte sen máis a sanción da Comisión Europea ás embarcacións que participan na campaña da xarda e se verifique se son correctos os datos empregados para determinar si existiu sobrepesca. E, en terceiro lugar, que se permita a devolución da couta escalonada durante un prazo de dez anos en vez dos cinco actuais, evitando así os peches prematuros da campaña.
O MINISTERIO FALLOU
A problemática descrita xurde despois de que, o Goberno central fracasara por partida dobre na xestión da pesqueira da xarda: nun primeiro momento cando aceptou un recorte do 13% nos límites de captura negociados no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea –onde non se lle deixou á Xunta asesorar e acompañar á ministra de Medio Mariño, que preferiu acudir a Bruxelas con Estremadura, unha comunidade non marítima- e, en segundo lugar, cando se aceptou sen máis a sanción por unha suposta sobrepesca que a Comisión Europea asegura que se ten producido durante o 2010 e que obriga a devolver durante os próximos cinco anos o dobre da cantidade na que, segundo Bruxelas, se superou o límite da captura.


















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



