Nota de prensa:
O Goberno central valorou eliminar a categoría profesional de mariscador/a dentro da nova Clasificación Nacional de Ocupacións
O GRUPO POPULAR PREGUNTA POLAS XESTIÓN DA XUNTA PARA EVITAR QUE O GOBERNO CENTRAL PROTAGONICE UN RETROCESO NO RECOÑECEMENTO E VISIBILIDADE DA PROFESIÓN DE MARISCADORAS
o Os populares lembran que na nosa comunidade existe normativa específica relativa a esta profesión, tanto no relativo ao título habilitante para o exercicio da actividade como á formación necesaria para o acceso á profesión.
Santiago, 1 de marzo de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, rexistrou unha iniciativa parlamentaria coa que se interesa polas xestións desenvolvidas pola Xunta de Galicia para evitar que o Goberno central protagonizara un retroceso no recoñecemento e visibilidade da profesión de mariscador/a.
Os populares interesanse así por este asunto despois de que o Consello de Ministros aprobara, o 26 de novembro de 2010, a través dun Real Decreto a nova Clasificación Nacional de Ocupacións dispoñendo a súa aplicación nas enquisas do Plan Estatístico Nacional a partir do 1 de xaneiro de 2011. Nun primeiro momento esta nova clasificación eliminaba a categoría profesional de mariscador/a, incorrendo nunha actuación gravemente lesiva para os intereses das traballadoras/es do mar en Galicia.
A devandita decisión do Executivo central socialista podería ter suposto, de levarse adiante, un retroceso evidente respecto das aspiracións e logros que vén acadando este colectivo profesional, de xeito destacado na nosa comunidade, onde existe normativa específica relativa a esta profesión, tanto no relativo ao título habilitante para o exercicio da actividade como respecto da formación necesaria para o acceso á profesión.
O GOBERNO CENTRAL RECTIFICOU
De xeito afortunado, esta decisión parece que foi obxecto de reconsideración, por parte do Goberno central. Balseiro sinala que o Grupo Parlamentario Popular ten constancia de que foron intensas as xestións desenvolvidas pola Consellería do Mar na procura do recoñecemento desta profesión e para evitar as previsións iniciais do Executivo socialista que preside José Luís Rodríguez Zapatero.
DESCOÑECEMENTO DA REALIDADE DO SECTOR
En opinión do voceiro popular “calquera outra decisión, que non pase polo mantemento da categoría profesional de mariscador/a suporía descoñecer a realidade do sector marisqueiro galego, que evolucionou dunha actividade meramente extractiva, na que se requiría principalmente esforzo físico, a habilidades de cultivo mariño moito máis complexas nas que son imprescindibles coñecementos técnicos e a experiencia necesaria para a obtención dos productos do marisqueo.
4.000 PROFESIONAIS DO MARISQUEO EN GALICIA
As xestións da Xunta dirixidas á reconsideración inicial das pretensións do Goberno evita –segundo Balseiro- “que se sitúe aos profesionais do marisqueo ante unha situación de indefinición na súa capacitación e actividade e limita a visibilidade e recoñecemento dun colectivo que en Galicia ten unha grande importancia social e económica”. Non en balde, tal e como recordou o voceiro popular “son máis de 4.000 as profesionais que desenvolven a súa actividade en labores de marisqueo”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



