Nota de prensa
Debate no Parlamento sobre o desenvolvemento urbanístico do concello de Barreiros
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN O MODELO DE ABERRACIÓN URBANISTICA DO PARTIDO POPULAR
-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego dixo que a día de hoxe este concello lucense conta con exactamente 3.203 habitantes, pero denuncia que o PP outorgou 5.800.licencias para vivendas nun so ano
-Dixo que no tocante ao control da legalidade urbanística o PSdeG terá sempre a súa man tendida, pero advertiu “non para facer actos vandálicos e para manifestarte diante das casas de cidadáns particulares”
-E asegurou que ao carón da praia das Catedrais deuse licencia a un edificio de 2 bloques con 84 vivendas, e o proxecto de construcción tiña proxectado como solución aos verquidos unha conexión con dúas fosas sépticas “expresamente prohibido por Lei”
-Sobre o Convenio afirma da Xunta “é un convenio urbanístico que significa que dos 14 millóns que tiñan que pagar os promotores van a pagalo tódolos galegos”
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para interpelar á Xunta sobre o desenvolvemento urbanístico do concello lucense de Barreiros. Alí denunciou o modelo de “aberración urbanística” que o PP quere impulsar en Galicia”.
O deputado socialista explicou que a normativa urbanística de Galicia establece competencias compartidas coa Xunta e cos Concellos, e destes dependen as competencias en materia de aprobación e deseño xunto co seu desarrollo e aplicación. Lembrou que a Lei 2002 de Ordenación Urbanística de Protección do Medio Rural de Galicia, impulsada por Cuiña, nacía para dar resposta ao sobremensidionamento do volume de edificabilidade nas grandes cidades de Galicia. Anos tarde esta normativa foi ampliada e sufriu modificacións importantes. Dixo que trala “febre modificadora de Feijoo” dende o ano 2002 establecéndose ata 7 modificacións.
Rego tamén fixo alusión ao eslogan que se leia nunha valla publicitaria a entrada do Concello no que dicía “Barreiros ao teu aire”. Por eso di “esta era a vocación do alcalde popular que Gobernaba este Concello”. Afirma que a partir desta época Barreiros viviu unha febre de construcción e de licencias para imitar o que se facía na Costa do Sol. Pero advertiu “Barreiros non tiña estructura urbana, nin de servicios”.
Sinalou que a día de hoxe este concello lucense conta con exactamente 3.203 habitantes, pero denuncia que o PP outorgou 5.800.licencias para vivendas nun so ano.
Explicou que na pasada lexislatura o Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño, diante este panorama, xa que incluso Barras Eléctricas comunicou que non podía dar servicio á poboación, nin tampouco tiñan saneamento nin abastecemento, adoptou a decisión de suspender as normas subsidiarias e establecer unhas provisionais para actuar dentro da legalidade. Pero lamentablemente o Alcalde de Barreiros segue adiante coa súa desfeita urbanística e establece 44 licencias novas.
Dixo que a resposta do PP neste asunto “foi unha fuxida cara adinte”, e acusou ao alcalde de Barreiros de utilizar a TVG como plataforma política, realizándolle unha entrevista como si fose un heroe maltratado.
O deputado mariñao dixo que o Alcalde de Barreiros destrozou unha das partes mais fermosas de toda Galicia, e emprazou aos deputados a visitar esta zona da Mariña de Lugo para comprobalo in situ. A maiores advertiu que hai denuncias por parte da Fiscalía, do Valedor do Pobo donde se constata que se constrúe en solares especialmente protexidos e tamén solares que non cumprían a función como tales.
E asegurou que ao carón da praia das Catedrais, a 300 metros, deuse licencia a un edificio de 2 bloques con 84 vivendas, e o proxecto de construcción tiña proxectado como solución aos verquidos unha conexión con dúas fosas sépticas “cando a Lei prohibe esto”, espetou.
Secretaria Municipal
Tamén fixo alusión ao traballo da Secretaria Municipal, quen realizou mais de 30 informes negativos. Asegurou que estes informes non foron oídos, e por todo isto “obtivo como premio a gravación das súas conversacións nun día de xornada laboral e no seu despacho, e o Alcalde en vez de investigar todo este turbio asunto ábrelle un expediente a funcionaria, e apartai do servicio.”
Rego dixo que no tocante ao control da legalidade urbanística o PSdeG terá sempre a súa man tendida, pero advertiu “non para facer actos vandálicos e para manifestarte diante das casas de cidadáns particulares, nin para utilizar a CRTVG en contra dos cidadáns baixo presuntas inspeccións que non se saben moi de quen son”. Amais replica que foron realizadas por algúns ex-concelleiros do PP “menudos inspectores”, ironizou.
Feijoo reuniuse cos Promotores
Sobre o Convenio afirma da Xunta “é un convenio urbanístico que significa que dos 14 millóns que tiñan que pagar os promotores van a pagalo tódolos galegos”. Anunciou que o Presidente da Xunta reuniuse cos promotores de Barreiros para acordade este convenio, pero denuncia que a día de hoxe non se solucionaron os problemas urbanísticas deste concello. Incluso lembrou que o Presidente Feijoo ratificou o PXOM de Ourense a sabendas que os planos deste proxecto non foron expostos ao publico.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



