Nota de prensa
Delegación de Medio Ambiente
Dando conta da importancia que ten para esta concellaría concienciar aos máis pequenos do coidado e a importancia da natureza
CELEBRACIÓN DO DÍA FORESTAL MUNDIAL COS NENOS DO CEIP JUAN REY CUNHA PRANTACIÓN DE CASTAÑOS
* Prántanse 50 castaños no lugar de Arroxo na que participan os nenos dos tres cursos de infantil
* No propio CEIP se fixo a prantación de dúas cerdeiras e un ARCE.
* Como Portavoz de Montes, a concelleira está a organizar charlas informativas sobre as SOFOR có Dtor. Xeral de Montes para toda a comarca.
Lourenzá, 22 de marzo do 2011.- A Concelleira de Médio Ambiente e Médio Rural con motivo do Día Forestal Mundial no marco do Ano Internacional dos Bosques invitou ao CEIP Juan Rey na prantación de 50 castaños na área de Arroxo, ao carón da rehabilitada Escola.
Como ven sendo habitual a boa colaboración entre os dous entes fai posible que os nenos se involucren na concienciación do coidado e a importancia da natureza.
Nesta prantación, non puído participar a Concelleira por estar atendendo ás súas obrigas parlamentarias en Santiago, pero os nenos estiveron acompañados a primeira hora polo alcalde e posterioremente polo concelleiro de Obras, Dino Vidal.
A esta prantación achegáronse os nenos de infantil, pero os de primaria tamén celebraron o coñecido como o Día da árbore prantando unha árbore por cada dous cursos no propio CEIP, prantaron duas cerdeiras e un arce.
O cuidado póla natureza destes nenos chega a tal punto de que ata bautizaron ás árbores con nomes como Iker ou Ronaldo, poñendo de manifesto a relevancia que ten o futbol entre os mais novos.
A concelleira, que casualmente é a portavoz de Montes do Grupo Parlamentario Popular, aposta polo carácter ambiental, produtivo e sustentable do monte, neste senso, está a organizar para os vindeiros días a participación nunha charla informativa do Dtr. Xeral de Montes, D. Tomás Fdez. Couto para explicar o decreto, recentemente aprobado no Consello da Xunta sobre as SOFOR, figura asociativa que “ servirá como instrumento para paliar o minifundismo no monte e a rendibilidade económica a través da xestión conxunta dos propietairos.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



