Nota de prensa
A Administración autonómica adoptará as medidas oportunas para garantir a asistencia dos escolares con discapacidade a esta actividade de interese público que cada ano organiza en Mondoñedo a Asociación Interdisciplinar Musicosensorial a favor das Persoas con Necesidades Especiais (AIMPNE)
prospera a iniciativa do grupo popular pola que o parlamento reclama a xunta que garanta o apoio ao curso internacional de musicoterapia
A iniciativa, da que é autor o deputado popular Jose Manuel Balseiro xurde como consecuencia do impulso do Partido Popular local e, nomeadamente, da concelleira Elena Candia
Santiago, 28 de abril de 2011.- No seo da Comisión de Sanidade e Política Social do Parlamento de Galicia celebrada na mañá de hoxe foi aprobada unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, da que era autor o deputado Jose Manuel Balseiro, e na que se insta á Xunta de Galicia a garantir o apoio ao Curso Internacional de Musicoterapia que cada ano ten lugar na localidade de Mondoñedo. A iniciativa contou cos votos a favor, además do PPdeG, do BNG, e o deputado popular lamentou o non apoio a mesma do PSdeG-PSOE quen pretendía emendala engadindo a posibilidade de asistencia dos nenos ao mesmo mentres o PPdeG o que pretende coa iniciativa e garantir a viabilidade do curso polo que non aceptou esta emenda.
O mandato da Cámara galega vai dirixido a que a Administración autonómica adopte as medidas oportunas para garantir a asistencia dos escolares con discapacidade a esta actividade de interese público organizada pola Asociación Interdisciplinar Musicosensorial a favor das Persoas con Necesidades Especiais (AIMPNE).
Jose Manuel Balseiro salientou a importancia deste acordo que ven a ser tamén un recoñecemento ao traballo desenvolvido durante os últimos anos por esta entidade no ámbito da estimulación e socialización destes rapaces con diversas minusvalías. Así o consigue AIMPNE neste curso aplicando os efectos beneficiosos da música a través de diversos obradoiros e clases prácticas ofrecidas por profesionais de grande prestixio e persoal voluntario, así como tamén por especialistas do ámbito da saúde que colaboran na integración dos rapaces participantes.
O deputado popular tamén explicou que esta iniciativa xurde como consecuencia do impulso e petición expresa do Partido Popular local de Mondoñedo e, nomeadamente, da concelleira Elena Candia quen, nos últimos anos ven implicándose na posta en valor desta actividade diante das distintas administracións por tres razóns fundamentais: pola seriedade e profesionalidade dos organizadores e do persoal participante, a importancia dos fins que persegue o curso e a repercusión económica que este ten en Mondoñedo
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



