Nota de prensa
MES DE MAIO EN ETAPAS ASÍ SE DENOMINA A NOVA CITA GASTRONÓMICA QUE SE DESENVOLVERÁ EN FOZ AS FINS DE SEMANA DO 6 AO 28 DE MAIO. 26 LOCAIS PARTICIPAN NESTA INICIATIVA DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, COA QUE PRETENDEN POÑERLLE UN TOQUE DE HUMOR ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS.
Foz, 28 de abril de 2011. Mes de maio en eTapas ou mes do pincho electoral, así se denomina a nova cita gastronómica que se desenvolverá en Foz as fins de semana do 6 ao 28 de maio e que foi presentada este mediodía no salón de plenos do Concello polo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo, e polos catro candidatos á alcaldía, José Mª García Rivera polo PSOE, Javier Castiñeira polo PP, Xan Carlos Basanta polo BNG e Jaime Cancio por Unifoz.
Paleo explicou que “maio vai ser un mes principalmente electoral, as propostas de todos os candidatos vánse ver, os bares son puntos de encontro de todos eles e decidimos aproveitar todo o que ocorrerá ao longo das vindeiras fins de semana para plasmalo nunhas xornadas gastrómicas”. O presidente de ACIA Foz subliñou que “o fixemos a modo de volta ciclista, cada fin de semana a adicamos a unha etapa e agardamos que a iniciativa saia ben”. Paleo considera que “tentamos demostrar que se pode traballar día a día con humor e con seriedade, facendo cousas conxuntas ofertando por parte de ACIA a colaboración coa Corporación Municipal e ao mesmo tempo a Corporación tamén con este acto amosa que desexa axudar a mellorar ao noso pobo”.
Os días 6 e 7 de maio, na denominada etapa prólogo, os 26 establecementos participantes ofrecerán aos seus clientes montaditos; o 13 e o 14 de maio será o momento para pincho da montaña e vánse servir tapas elaboradas con morcilla, chistorra e chorizo; a meta votante será os días 20 e 21 de maio, eses días os locais que participan nesta cita ofrecerán tapas elaboradas con arroces e pastas e xa o sprint final será o 27 e o 28 de maio, xornadas nas que se poderán degustar pinchos combinados.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos dixo que “intentaremos que todos o tomen con humor, sobre todo nese sprint final, porque as maiorías están duras esta vez” e engadiu que “aínda que a campaña electoral é moi seria porque se aposta polo futuro do concello non deixa de ser menos serio sair, opinar e valorar as propostas e iso pódese facer tomando un viño e unha tapa, coma sempre se fixo. É tradicional en todas as vilas reunirse, facer quinielas, saír da casa e tomar todo isto con humor”.
Paleo abogou por revitalizar e apoiar ao comercio tradicional “co fin de recortar distancias cos concellos veciños temos que levar adiante proxectos conxuntos. Os centros comerciais que se están a montar nas grandes cidades non van mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, pero sí que lle farán dano ao noso comercio tradicional”. No mesmo sentido se pronunciou o candidato do BNG á alcaldía, Xan Carlos Basanta, que manifestou que “o pequeno comercio é o que da vida e o que da traballo á xente do noso concello e por iso estamos aquí”. Jaime Cancio de Unifoz coincidiu co presidente dos comerciantes “no impulso que temos darlle ao noso comercio local coa creación de proxectos urbanos importantes e que non só axuden a consolidar senón a fortalecer e impulsar este sector”. Pola súa banda, Javier Castiñeira do PP, comprometeu a colaboración da súa formación “con todo o que é o comercio de Foz, con todos os empresarios en xeral e con todo o que é emprego. É unha época difícil e todos teremos que traballar da man, agardemos que despois do 22 de maio siga este bó ambiente que se está vendo nesta rolda de prensa”. E o actual alcalde e candidato á reelección polo PSOE, José Mª García Rivera, sinalou que “o Concello sempre estivo e estará aí apoiando estas campañas”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



