NOTA DE PRENSA.
A Asociación de Veciños “O Castro” solicita entrevistarse coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo para tratar a cuestión da residencia de anciáns de Foz
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz vén de solicitar unha entrevista entre os seus representantes e dona Raquel Arias Rodríguez, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, para tratar a cuestión da creación e posta en marcha da residencia de anciáns e centro de día en Foz, cuestión xa por si mesma importante, pero que se converteu en moi urxente á vista do acontecido nos últimos días co asilo. No escrito de solicitude proponse que a reunión teña lugar no local da Asociación toda vez que son coñecidas as visitas que a esta zona fai a Delegada Territorial continuamente