Nota de prensa
A AULA CeMIT DO CONCELLO DE BURELA CELEBRARÁ 6 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NO MES DE MAIO
? 1 charla sobre o DNI Electrónico completará as actividades deste mes
Santiago, 28 de abril de 2011. A Aula da Rede de Centros para a
Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do
Concello de Burela celebrará 6 cursos e 1 charla durante o mes de maio.
A Aula CeMIT de Burela acollerá 3 cursos de “Alfabetización dixital: Iniciación á
Informática”. As diferentes edicións deste curso desenvolveranse nas seguintes
datas e horarios:
• O primeiro impartirase do 2 ao 11 de maio en horario de 11 a 12:30 horas.
• O segundo, entre as datas 4 e 23 de maio de luns a xoves de 16 a 17 horas.
• O terceiro, desde o 11 ao 30 de maio en horario de 19 a 20 horas.
Con estes 3 cursos preténdese dotar, aos asistentes, das destrezas necesarias
para manexar un ordenador dun xeito básico. Os cursos van dirixidos á poboación
en xeral.
Entre o 12 e o 19 de maio celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Correo
electrónico: webmail”, co que se pretende dotar dos coñecementos para crear
unha conta de correo electrónico coa que enviar e recibir correos de outras
persoas. O horario será de 11 a 12:30 horas e a actividade está enfocada á
poboación en xeral.
Neste mes de maio impartiranse tamén 2 cursos de “Alfabetización dixital:
Iniciación a Internet”. As datas e horarios destes 2 cursos serán:
• O primeiro celebrarase entre as datas 20 e 27 de maio en horario de 11 a
12:30 horas.
• O segundo, desde o 24 de maio ao 7 de xuño de 16 a 17 horas.
Con estes 2 cursos amosarase, aos usuarios, as nocións básicas da navegación
por Internet co programa libre Mozilla Firefox, ámbolos dous cursos van dirixidos
á poboación en xeral.
As actividades do Aula CeMIT de Burela en maio complétanse coa “charla: DNI
Electrónico”, que terá lugar o 30 de maio ás 11 horas, permitirá aos asistentes
coñecer como funciona o DNI Electrónico e todos os trámites que se poden facer
con el a través de Internet. Esta charla vai dirixida tamén á totalidade da
poboación burelense.
A iniciativa da Rede CeMIT da Xunta de Galicia é unha das estratexias
fundamentais para o desenvolvemento das iniciativas de difusión e achegamento
dos cidadáns as Novas Tecnoloxías e a sociedade da información. A Rede
CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co
desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos
servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e
proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte
activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades
poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela, sita na Casa da Xuventude do concello ou
enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.burela@xunta.es
Contacto:
Roberto Caneiro Manteiga
Axente TIC





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



