Nota de prensa
RIBADEO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA UN FESTIVAL DE DANZA E MÁIS UN CONCERTO DE MÚSICA DE CÁMARA.
Ribadeo, 28 de abril de 2011. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza para esta fin de semana un festival de danza e máis un concerto da orquestra de cámara do grupo de metais e do grupo de trompas do centro. Trátase de dúas actividades enmarcadas na programación anual do centro que deixan paso a un mes de maio no que a EMMeD de Ribadeo celebrará tamén diferentes audicións instrumentais, como vén sendo habitual nos últimos anos.
A actuación das alumnas e alumnos de danza da EMMeD de Ribadeo terá lugar este venres, 29 de abril, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. Co gallo do día internacional da danza, 77 nenas e nenos farán un percorrido por diferentes ritmos do mundo da man da profesora María Justo. Un espectáculo que permitirá viaxar ao público ao compás da música e máis da danza ao Xapón, á India ou a diferentes países árabes.
O sábado, 30 de abril, ás 20.30 horas, tamén no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo terá lugar un concerto de música de cámara da EMMeD de Ribadeo. Nel actuarán o cuarteto de trompas, o grupo de metais e máis a Orquestra de Cámara do centro. Todas elas son formacións estables no seo da Escola e actúan de maneira regular tanto nos festivais organizados pola EMMeD de Ribadeo coma noutros eventos culturais. A dirección destas agrupacións corre por conta de Rubén Solloso (profesor de vento-metal da Escola), Olalla Canoura (profesora de corda) e Hugo García (Director do centro e profesor de oboe e fagot). No concerto deste sábado poderán escoitarse obras de Bach, Mozart, Haydn, Copland ou Williams.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



