Nota de prensa
ARMADA AGRADECE A PREOCUPACIÓN DE LARA MÉNDEZ POLA PRAIA DO TORNO, AÍNDA QUE BOTA DE MENOS QUE ESTE “REPENTINO” INTERESE DA VOCEIRA SOCIALISTA E RESPONSABLE DA DEPUTACIÓN NON SE TIVERA REFLECTIDO NESTES CATRO ANOS EN AXUDAS MATERIAIS DO ENTE PROVINCIAL PARA A CONSERVACIÓN DESTE AREAL
Cervo, 9 de abril de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, respondeu ás criticas verquidas pola concelleira socialista Lara Méndez en relación ó suposto abandono da praia do Torno de San Ciprián.
Para armada “é de agradecer” a “repentina” preocupación amosada por Lara Méndez no coidado e arranxo deste areal, aínda que botou en falta que este interese nunca se tivera materializado nestes catro anos con algunha xestión súa dende a Deputación Provincial. “Agradecemos a preocupación desta señora polo estado da praia do Torno, pero penso que ademais de criticarnos, tamén podería ter feito algún tipo de xestión nestes catro anos para que a Deputación colaborase co Concello para o adecentamento e o arranxo dos nosos areais” sinalou a edil do Grupo de Goberno.
Armada apoiou as súas manifestacións lembrando que os actuais rexedores do organismo provincial levan denegándolle ao concello a cesión dunha pala motoniveladora para adecentar os areais do termo municipal dende que accederon ao poder na Deputación. “Levamos todos estes anos solicitándolles por escrito a utilización desta maquinaria igual que o facíamos cos anteriores responsables provinciais, pero dende que a señora Lara Méndez, os seus compañeiros de partido e os nacionalistas accederon ao poder deste organismo provincial nunca nos contestaron. Tan só se limitaron a utilizar de xeito covarde o silencio administrativo para denegarnos a cesión dunha maquinaria que é propiedade do parque provincial e que debería estar ao servizo de tódolos concellos da provincia sen excepción” engadiu.
Para Armada, esta “nula colaboración” de socialistas e nacionalistas á fronte ente provincial con Cervo deixa en evidencia cal é o compromiso real dos actuais gobernantes da Deputación en materia medioambiental e de promoción do litoral lucense con algúns dos municipios costeiros. “Por iso, dubidamos que as súas intencións nesta materia sexan realmente con ánimo de colaborar, se non máis ben parece que pretenden polemizar e confrontar interesadamente co obxecto de sacar rendibilidade política a través de manifestacións sesgadas na prensa”.
Por último, Armada asegurou que todas as praias do término municipal estarán en óptimas condicións “porque o Concello é responsable e fará os traballos que sexan necesarios para telas en perfecto estado para o seu uso e disfrute como sempre leva feito nestes últimos doce anos”recalcou Armada.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



