Nota de prensa
GONZÁLEZ LEGAZPI ASEGURA QUE BURELA INCREMENTA CADA ANO A SÚA POSICIÓN COMO DESTINO TURÍSTICO DA MARIÑA. A OFICINA DE TURISMO E O BARCO MUSEO FORON VISITADOS NOS FESTIVOS DA PASADA SEMANA POR ALGO MÁIS DE 1.500 PERSOAS.
Burela, 26 de abril de 2011. A oficina de turismo e o barco museo recibiron algo máis de 1.500 persoas durante a semana santa. O concelleiro de Turismo asegura que Burela incrementa de forma notoria e significativa a súa condición de destino dentro da Mariña.
José González Legazpi sinalou que “dende a oficina de turismo de Burela e do barco museo se ten rexistrado nestes cinco días festivos unha afluencia de visitantes de proporcións semellantes ás do verán e máis do doble do pasado ano polas mesmas datas. Dende o mercores día 20 ata o domingo 24 algo máis mil cincocentas persoas estiveron a interesarse polo noso concello e tamén pola comarca da Mariña na nosa oficina de turismo e no barco museo”. Segundo o edil de Turismo “a procedencia maioritariamente foi da nosa comunidade autónoma, principalmente do eixo atlántico, seguida de Asturias e tamén foi moi representativa a afluencia de persoas chegadas dende a capital de España e do norte peninsular, concretamente de Cantabria e País Vasco, pero tamén de Castela-León, Valladolid, Salamanca… en definitiva acreditase o interese do turismo de cercanía que na actual conxuntura económica ten unha maior posibilidade de acomodación para o visitante, ao tempo que se manteñen tamén algúns achegamentos procedentes de países europeos”.
O concelleiro nacionalista considera que “isto é o resultado do traballo que se ven facendo na divulgación e participación en certames de ámbito indistinto e que fan posible o achegamento de visitantes ao noso concello en épocas non estacionais como foron estes pasados festivos de semana santa. Ademais con toda seguridade nos posicionan en condicións moi favorables de cara ao incremento de visitantes a Burela durante o vindeiro verán”.
Influencia na economía local
González Legazpi engadiu que “estamos satisfeitos da información positiva que nos fan chegar dende os locais de hostalería de Burela ao respecto da afluencia de visitantes durante estes días e da súa boa repercusión. Tamén unha boa parte do comercio local nos achegou información no mesmo sentido, sobre todo na xornada do sábado, non só das persoas que se deixaban ver pola rúa, senon incluso das vendas que se produciron; por tanto este esforzo de cara á proxección turística do concello tamén representa unha condición positiva para os sectores socioeconómicos locais e un avance progresivo nas políticas de cara ao afianzamento na desestacionalización e por conseguinte no desenvolvemento xeral do turismo en Burela”.
Instalación de monolitos
O concelleiro de Turismo tamén deu a coñecer que “coincidindo cos pasados festivos foron instalados os cinco señalizadores de planta e recursos turísticos referenciados como Burela e o mar, Burela centro, Burela arte e natureza, Burela luminosa e Burela patrimonio natural e artístico. Representan unha nova iniciativa que promove posicionamentos de calidade como destino turístico para o noso concello”.





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



