NOTA DE PRENSA
EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN DO CLUB DE BOLOS XOVE NO CAMPIONATO GALEGO INTERMODAL
![]()
O Club de Bolos Xove conseguiu, un ano máis, destacar por riba do resto de clubs galegos no CAMPIONATO GALEGO INTERMODAL que se celebrou os pasados dias 21 e 23 de abril; concretamente, o xoves 23 de abril realizouse un torneo clasificatorio nos campos de Pacios (Castro de Rei) e Pousada (A Pastoriza) co fin de clasificar a 23 xogadores da zona Norte de Lugo; xa na zona de Val Miñor (área de Nigrán, Baiona e Gondomar na Provincia de Pontevedra) realizouse outro clasificatoria de onde se clasificaron outros 18 xogadores, que xunto cos 23 citados disputaron a final o sábado 23 de abril.
Na fase clasificatoria celebrada o 21 de abril, o Club de Bolos Xove tivo unha actuación extraordinaria; dos 18 xogadores que o Club desprazou a esta fase inicial na categoría masculina, pasaron á final 15, e os tres restantes non pasaron por pouco.
A final, celebrada o sábado 23 de abril, tamén nos campos de Pacios e Pousada, contou cos mellores xogadores galegos, incluidos grandísimos xogadores a nivel español como Inocencio Valverde, quen atesoura nas súas vitrinas algún campionato de España, varios campionatos galegos e un intercontinental.
Xa na final, a actuación dos xogadores xovenses foi extraordinaria, quedando dous xogadores do club entre os tres primeiros na clasificación final absoluta:
CAMPIÓN: ARTURO VIGO CASABELLA.
TERCEIRO CLASIFICADO: MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA.
Para esta clasificación final cóntanse as puntuacións obtidas nas distintas modalidades de bolos: “bolo en liña”, “bolo celta”, “bolo de Xove”, “bolo punxeiro” e “bolo canteiro” . Polo tanto, os campións son aqueles que mellor se desenvolven en tódalas modalidades e son os máis regulares.
Ata aquí os éxitos do Club en categoría masculina. En categoría feminina o Club de Bolos Xove tamén tivo unha actuación moi destacada, xa que incluiu dúas xogadoras dentro das catro primeiras clasificadas finais:
-SEGUNDA: Mª DEL CARMEN ROCA CORRAL. Trátase da xogadora que quedou campiona da 1ª Liga Feminina de Bolos de Xove.
-CUARTA. BELÉN MEITÍN ROCUO. Belén quedou terceira este ano na Liga de Bolos Feminina de Xove.
Ao final, os tres gañadores das finais absolutas (masculina e feminina) recibiron un trofeo; tamén recibiron trofeo os tres primeiros clasificados de cada modalidade.
Dado que se trataba dun CAMPIONATO OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS, foi o propio Presidente da Federación Dº Eugenio Castro quen presideu a entrega de trofeos deste Campionato Galego Intermodal.
CLASIFICACION FINAL ABSOLUTA
CLUB JUGADOR
1º XOVE ARTURO VIGO CASABELLA
2º POUSADA FELIX SALGADO VEIGA
3º XOVE MOISES RODRIGUEZ CASABELLA
CLASIFICACION FINAL BOLO EN LIÑA
CLUB JUGADOR
1º POUSADA FELIX SALGADO VEIGA
2º ESTIVADA LAUREANO MIÑINO GONZALEZ
3º STA MARTA ELIAS BOUSO COMENDEIRA
CLASIFICACION FINAL BOLO CELTA
CLUB JUGADOR
1º XUNQUEIRA INOCIENCIO VALVERDE GONZALEZ
2º XOVE CRISTIAN JOSE RODRIGUEZ BAÑO
3º STA MARTA ADRIAN BOUSO GAVIN
CLASIFICACION FINAL BOLO DE XOVE
CLUB JUGADOR
1º XOVE ARTURO VIGO CASABELLA
2º XOVE FRANCISCO R PEREZ GONZALEZ
3º O CADAVAL DAVID SAAVEDRA LOPEZ
CLASIFICACION FINAL BOLO PUNXEIRO
CLUB JUGADOR
1º XOVE GINES RODRIGUEZ FERNANDEZ
2º XUNQUEIRA INOCENCIO VALVERDE GONZALEZ
3º XOVE ARTURO VIGO CASABELLA
CLASIFICACION FINAL BOLO CANTEIRO
CLUB JUGADOR
1º XOVE CRISTIAN JOSE RODRIGUEZ BAÑO
2º POUSADA FELIX SALGADO VEIGA
3º XOVE MOISES RODRIGUEZ CASABELLA
CLASIFICACION FINAL FEMENINA
CLUB JUGADOR
1º ARCASCO EDITA GONZALEZ FREIRE
2º XOVE Mª DEL CARMEN ROCA CORRAL
3º POUSADA TANIA BARREIRO RODRIGUEZ
4º XOVE BLEN MEITIN ROUCO
5º O CADAVAL ANA Mª CANTO RODRIGUEZ



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
