JUAN PUCHADES
O vindeiro sábado, día 30, vai ser proclamado Fillo Adoptivo de Mondoñedo Juan Puchades, un título de cuxos merecementos ninguén dubida, pois trátase dun home que, nado na luminosa Valencia, o destino encargouse de que viñese a dar á nebulosa cidade do Masma, á que chegou para pasar un ano, e nela leva medio século. Sen renunciar ó amor á terra nai, como bó fillo, integrouse plenamente: aquí gastou os anos mais fructíferos da súa vida, nun recoñecido esforzo, non só na dedicación como ensinante exemprar, a quen os ex-discípulos amosan a cotío a gratitude, respecto e afecto, senon nos diversos eidos da vida cidadá, promotor e colaborador, sempre disposto, a prol do melloramento, cultural e social, do seu entorno. Diste feito tivo constancia o cronista: foi cando polo ano 1977 (hai mais de 30) bulía no maxín diste, a idea de crear un colectivo que aglutinara ós distintos artistas plásticos da comarca, co fin de impulsar as actividades propias dos mesmos, a través de charlas, exposicións, cursiños dirixidos sobre todo ós xoves, etc. Un día que baixaba as costas da Xesta parouse na cafetería do Mirador, onde se atopou con Puchades. Alí falaron longo e tendido do proxecto. Juan, coa súa proverbial xenerosidade, comprometeuse xa a apoiar o plan, e así o fixo ata o fin. Con él embarcáronse na aventura dous mindoniense mais; o pintor Luis Gacio (e.p.d.) e o prestixoso artista Xosé Vizoso, igualmente xeneroso, altruista e querido amigo. Así comezou o grupo “O Feitizo-amigos das artes”. Vizoso deseñou o logotipo do mesmo…
A nosa amizade persoal, que xa existía, reforzouse con aquela relación mais próxima, que pasado o tempo consolidouse, porque dende hai unha ducia de anos que, con outros amigos, fundamos a asociación O Mundo de Galea, da que él é digno presidente, estreitáronse mais os lazos que se voltaron entrañables.
A cidade da Paula, como non podía ser doutro xeito, para unha sensibilidade como a de Juan, engaiolouno, e coa eficaz axuda de Cupido, que puxo no seu camiño a fermosura e dozura de Alicia, quedou prisioneiro de tanta ledicia e felicidade. Aquí formou a súa familia e aquí se fundíu coa paisaxe e coa paisanaxe da vella cidade. A tal punto que, xentes que souberon dista homenaxe, preguntaron, sorprendidas, pero Puchades ¿non é de Mondoñedo?.
Juan Puchades pasará á historia e o seu nome marchará en íntimo maridaxe co da cidade episcopal, porque é aquí onde pasou mais anos da súa vida; aquí atopou o entorno que colmou as súas ditas, realizou a gran maioría da obra artística; daquí saíron as creacións que a súa mente concibíu e as mans consumaron, espallándoas polo mundo, e das que da fe nada menos que Alvaro Cunqueiro. Dende o vindeiro sábado, Puchades, meritorio Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela, será aínda mais noso.
Suso Fernández

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



