Nota de prensa:
A CASA DA CULTURA ACOLLE DESDE HOXE UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA SOBRE COGUMELOS DE MERCEDES NODAR, QUE FOI PRESENTADA ESTE MEDIODÍA NO CONCELLO.
Burela, 19 de abril de 2011. A Casa da Cultura de Burela acolle desde hoxe unha exposición de pintura sobre cogumelos de Mercedes Nodar. Está composta por 26 acuarelas.
A autora explicou que “se trata dunha exposición de láminas de setas, pintura máis ben naturista, sinxela, que recolle as características gastronómicas dos cogumelos, xa que antigamente non había fotografías e se facían os debuxos de campo. Estas non están copiadas de campo, son copiadas de foto. É pintura da natureza”.
Mercedes Nodar animou “a que se anime aquel que teña gusto polo mundo da micoloxía ou non ou pola pintura en sí a visitar esta exposición ao longo dos vindeiros días, que tente disfrutar dela. Son imaxes sinxelas que intentan captar o mellor de cada cogumelo”.
A exposición foi presentada polo alcalde, Alfredo Llano, pola pintora Mercedes Nodar e pola bióloga Cristina García-Echave.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



