Nota de prensa
O BNG do Valadouro presenta a lista encabezada por Eduardo Chao coa que aspiramos a gobernar o concello logo das próximas eleccións municipais.
Ista é unha lista renovada, con mais do 50% de novas caras entre os candidatos titulares.
As eleccións locais do 22 de maio de 2011 traerán, ocorra o que ocorra, un novo alcalde para O Valadouro. Porén, máis que unha nova persoa habería que preguntarse se vai existir unha nova política para o noso Concello. En efecto, de nada serve mudar de alcalde se a política de parálise e inactividade continúa.
Desde o BNG cremos que é necesaria unha nova política, un novo trato, que poña o acento en construir un concello para vivir e con emprego como mellor garante do futuro do noso Concello. A política estrela do PP, repartir focos e asfaltar currais, demostrou ser letal para o Valadouro, que perde poboación ano tras ano. No BNG non nos opomos a colocar puntos de luz onde sexan necesarios, nin a acondicionar racionalmente onde sexa preciso, mais nin os focos nin o alcatrán han de asegurar o futuro do Concello. Só unhas políticas activas na creación de emprego poderán garantir a supervivencia do Valadouro. De que serven os focos nunhas casas que cada vez están máis baleiras?
Desde o BNG acreditamos tamén nunhas políticas sociais que sirvan para mellorar o benestar dos cidadáns e non para facer clientela política. Unha sociedade verdadeiramente democrática ten a súa medida no benestar dos seus cidadáns, por iso o nacionalismo galego fai deste punto tema central do seu discurso. A implicación efectiva dos cidadáns nesta materia é crucial.
Somos partidarios dunha política amábel, en positivo, que fuxa da confrontación continua e permanente. Nos últimos anos unha parte da oposición –nomeadamente o PSOE− fixo do confronto político o cerne da súa actividade. Fronte a iso, o BNG foi, e debe seguir sendo, unha forza xeradora de acordos e consensos. No BNG está o verdadeiro talante.
En definitiva, foi o BNG quen pilotou a oposición ao “goberno” do PP e da independente ao longo destes últimos catro anos, aportando sempre a cada crítica unha proposta. Non podemos aceptar de ningunha maneira que quen compartiu “goberno” co PP (e xa que logo é responsábel da situación de abandono actual) pretenda agora colocarse como catalizadora do descontento. Non, os presuntamente independentes son cómplices do PP nun xeito de gobernar arcaico e esgotado, que non respecta a dignidade dos cidadáns. Fronte a eles, o BNG propugna unha verdadeira participación da sociedade civil no goberno do noso concello, implicando aos nosos veciños no devir cotián do Valadouro.
Lista do BNG do Valadouro
1. Don EDUARDO CHAO GONZALEZ
2. Don MIGUEL IGLESIAS VILLARMEA
3. Don ROBERTO ANELLO QUENDE
4. Don ALFONSO BLANCO IGLESIAS
5. Dona CRISTINA FERNANDEZ REY
6. Don ALFREDO FREIRE LEIRAS
7. Don JORGE EIROA BALSEIRO
8. Don RAMIRO GOMEZ PAZ
9. Don IVAN LOZANO IGLESIAS
10. Don ORLANDO MARRUBE CHAO
11. Don PRUDENCIO VIVEIRO MOGO
Suplentes:
1. Don CARLOS FERNANDO CORNIDE PUMARES
2. Don XOSE ANTON OROL HERMIDA
3. Don RAMON JOSE ROUCO FERNANDEZ
4. Don JOSE MANUEL FERNANDEZ LORENZO
5. Don NESTOR VEIGA BLANCO
















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



