Nota de prensa
ATA O 16 DE ABRIL RECÓLLENSE NA BIBLIOTECA OS TRABALLOS PRESENTADOS OS CERTAME DE RELATO CURTO, QUE ORGANIZA A DELEGACIÓN DO MAR. A ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES SERÁ O 20 DE ABRIL ÁS 12 DA MAÑÁ NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO.
Burela, 13 de abril de 2011. A concelleira do Mar, Remedios López Villar, lembra que ata o sábado 16 de abril recóllense na biblioteca do Concello os traballos do Certame de Relato Curto do Mar que organiza este departamento.
A edil socialista sinala que “este ano está adicado ás vacacións” e engade que “logo reunirase o xurado cun representante de cada colexio de Burela e darase a coñecer o fallo dos tres gañadores, que levarán como premio un traxe de neopreno. O certame faise nestas fechas, porque os nenos remataron a segunda tanda de exames e coa idea de que se abra un abano de suxerencias que o Concello estudará para realizar no verán”.
O vindeiro mércores 20 de abril ás 12 da mañá no salón de plenos do Concello de Burela terá lugar a entrega de premios aos gañadores. Ademáis entre todos os participantes e asistentes sortearase unha Playstation 3.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



