Nota de prensa:
OS LARANXAS VISITAN O FONDO DA TÁBOA EN ALBACETE CO FIN DE ASEGURAR A FASE DE ASCENSO
Os laranxas visitarán mañá o fondo da táboa en Albacete co firme obxectivo de asegurar un billete para a fase de ascenso. Dende a oitava praza os pupilos de Suso Rey mediranse a un rival xa descendido matematicamente, que pelexará polo orgullo dende o décimo sétimo posto. A trixésimo quinta xornada de Prata arrincará no pavillón universitario ás 17.30 horas.
Aínda que a priori o Burela FS parte como favorito non debe descoidarse. O Albacete esperarao no sitio onde mellor sabe xogar; dos seus 26 puntos actuais, 19 conseguiunos na casa con 5 vitorias (Brihuega 4-1, BP Andorra 4-2, Tobarra 3-2, Melilla 5-1 e Murcia 3-2) e 4 empates (Antequera 3-3, Cáceres 4-4, Lanzarote 3-3 e Zamora 5-5).
O cadro mariñán (48 puntos) precisa os tres puntos para manter as distancias co noveno, UMA Antequera (46), e sobre todo co abismo da décima praza, ostentanda polo Lanzarote Arrecife 2020 Tías Yaiza; os rivais directos dos laranxas mediranse nesta xornada a dous conxuntos que loitan por escapar do perigo do descenso, ao Space Gasifred Ciutat d’Eivissa (15º) e Fuconsa Jaén (14º), respectivamente. Pola parte de arriba entre os privilexiados, o Burela FS ten a ElPozo Ciudad de Murcia, que non xogará o play off, a tan só dous puntos; os levantinos visitarán esta fin de semana a cancha do Unión África Ceutí (13º).
Christian será a única baixa do vestiario mariñán, por unha contractura no xemelgo sufrida durante os adestramentos da semana.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
