Nota de prensa:
129 persoas optan ás bolsas de emprego no sector da innovación da Deputación
– A Deputación publicou este venres, tanto no taboleiro de anuncios como na súa páxina web, a listaxe de admitidos no proceso de selección das 30 becas remuneradas
– O seguinte paso será a avaliación do expediente académico, a experiencia profesional e a memoria do proxecto de cada solicitante, cuxos resultados se coñecerán o 20 de abril
– Os beneficiados traballarán durante 6 meses desenvolvendo proxectos tecnolóxicos que obterán, sen custe algún, empresas sen ánimo de lucro
A Deputación publicou este venres, tanto no taboleiro de anuncios, como na páxina web www.deputacionlugo.org, a listaxe de admitidos no proceso de selección das primeiras bolsas de emprego no sector da innovación na provincia. 129 lucenses actualmente no paro, licenciados, diplomados ou con formación profesional –FP-, optan agora a unha das 30 becas remuneradas con 800 euros mensuais, que ofertan 6 meses de emprego en entidades sen ánimo de lucro, as cales desexan desenvolver novos proxectos tecnolóxicos para potenciar a súa actividade.
O seguinte paso será a avaliación do expediente académico, a experiencia profesional, e a memoria do proxecto a desenvolver de cada solicitantes. O resultados desta fase, que puntuará cun máximo de 7 puntos, darase a coñecer o vindeiro mércores, 20 de abril. As puntuacións tamén se publicarán no taboleiro de anuncios e na web do organismo provincial. Ese mesmo día, daranse a coñecer tamén as datas nas que se desenvolverán as entrevistas persoais, última parte do proceso de selección, que contará como moito 3 puntos.
As bolsas de emprego no sector da innovación na provincia están impulsadas dende o 1º Centro de Innovación Social de Galicia –“In Lugo”-. Trátase dun proxecto da Deputación, cofinanciado polo Ministerio de Industria nun 88,9% mediante o Plan Avanza. Estas becas buscan dar emprego a lucenses que actualmente se atopan en paro, así como ofrecer un servizo, sen custe algún, ós colectivos sen ánimo de lucro que se sumaron á iniciativa da Deputación. Son:
– Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, CETAL: o proxecto a desenvolver neste colectivo consiste na identificación das necesidades tecnolóxicas e de produtos innovadores no sector agroalimentario da provincia, ademais da transferencia desta información ós traballadores neste campo.
– Asociacións de Jóvenes Empresarios –AJE-, de Empresarias de Lugo, e Empresarial de Industria de Transformación del Polígono do CEAO: formación especializada ós empresarios para coñecer as necesidades das entidades en materia de innovación, e facilitar ó cambio de cultura nos procesos empresariais.
-Universidades de Santiago de Compostela. Aula TIC: elaboración dunha guía de boas prácticas no emprego da Administración electrónica dirixida ós cidadáns e as entidades sen ánimo de lucro.
-Universidade da Coruña. CITIC: creación de produtos e servizos informáticos dirixidos á empresa.
As bolsas de emprego no sector da innovación engádense ás becas Lug02 mediante as cales 18 mozos lucenses están xa a traballar en prestixiosas empresas de Hamburgo, Praga, Belfast, Florencia, Viena e Lisboa nas que se empregan innovadoras técnicas medioambientais. Unha vez que rematen o período de formación nestas entidades, os rapaces terán a oportunidade de poñer en práctica o aprendido en empresas lucenses durante 8 meses, nos que percibirán un salario mensual de 1.000 euros. Da mesma forma, tamén se convocaron as primeiras 5 bolsas de artesanía e deseño de Lugo dotadas con 12.000 euros cada unha, que se resolverán nos vindeiros días.
























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



