En foz a 28 de abril de 2011
A día de hoxe sego a darlle a voltas a publicación feita no BOP de Lugo na data de 27 de abril de 2011 en relación as 22 plazas convocadas polo concello de foz “cubrir postos de carácter estructural de persoal funcionario e laboral do Concello de foz no marco do proceso de consolidación de emprego temporal” En ditas bases recóllese literalmente que pola Lei 7/2007 , de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, establece a regulación dos procesos selectivos de consolidación de emprego temporal de acordo cos principios de IGUALDADE, MERITO, CAPACIDADE E PUBLICIDADE.
¿A que se refiren con igualdade, mérito e capacidade? A non poder presentar os títulos académicos e de formación, xa que non se recollen en algunhas das súas bases.Vexan exemplo: Titulación esixida para unha praza de Auxiliar administrativo: graduado escolar ou graduado en ESO e equivalente. Na fase de concurso puntuase a experiencia profesional de forma excesiva (35ptos), o meu entender, e co agravio de que se non eres traballador do Concello de Foz pero si desempeñaches o mesmo posto noutro conncello a puntuación recibida e inferior…aínda que O TRABLLO E O MESMO…PORQUE? E Por outra a parte a formación en cursos so ten unha valoración de 5 ptos…neste caso. Noutros casos, quizais, máis sangrante xa non se puntua a formación…Vexan caso de Oficial de 1º para quen non se esixe titulación,cando o único que lle puntua e ter carnet de conducir (B e C) ainda que a formación en cursos xa non se nomea….Sigan lendo xa que o examen que se requiere a unha persoa sen estudios consta de 2 temas relativos a Constitución Española de 1978 e O rexime local español xunto con un temario especifico de 8 temas ….como faran estas xentes, pregúntome, para estudiar e comprender o examén cando quizais por situacións persoais non puideron ir a escola…pero, como decía miña avoa,si era coñecedora das “catro regras”.
Isto non e todo, fagan unha lectura profunda das bases e atoparanse con que ter carnet (b) e coche propio e unha formación puntuable con 10 ptos de máximo para desempeñar a labor de auxiliar de servicios múltiples pero non se puntuara ningún curso feito na administarción pública…¿porque? Imaxina a miña decepción por no ter igualdade de condicións, méritos, e de capacidade…
No canto o tema de publicidade…recordo que en cada unha das convocatorias de emprego publico feitas no Concello de Foz se publicaban na paxina web do concello…¿e estas porque non?….No mesmo sentido recordarlles que co plan Lugop emprego, de seis meses de contrato, para postos de igual categoria laboral si se pedían estudos e a formación se puntuaba.
Espero que os lectores entendan o meu cabreo…estudiando parte da miña xuventude, formandome case que ano por ano…e agora que quero optar a un posto de trballo fixo de nada me vale…porque canto menos tes mais che valoran.
Non sei de quen e a culpa e non busco culpables, pero a verdade e que quen permite estas bases esta impedindome indirecta e directamente acadar un posto de traballo fixo.
Sen máis cada quen ten que miran polo seu…e Deus polo de todos.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



