¿XURDE A ESPERANZA?
A vida, que apreta, e tamén, ás veces, afoga, en ocasións deixa marxe para a esperanza e polo tanto, aínda que utópica, pode ser acicate para perseverar na loita, mantendo a ilusión por acadar obxetivos, persoais ou colectivos, e mesmo por lograr unha sociedade mais xusta e solidaria. O xogo da convivencia é complexo, e non sempre doado, e ofrece atrancos que para superalos precísase dun contorno favorable, no que xogan un papel fundamental as institucións, para as que, en función de distintas consideracións
(ideoloxía, formación, cultura, cortesía, diálogo, personalidade, suposta honestidade, etc.) temos o dereito cidadán de elixir ós seus dirixentes. E nesas estamos, coas eleccións á vista, ás que se presentan distintos grupos, coa artillería emplazada para a loita, por lograr que a súa respectiva recua sente os reais nas poltronas dos diferentes concellos, a cuxos veciños antes foron presentados oficialmente; eso sí, cuchipanda de por medio, confirmación de que segue vixente na crase política a súa tradicional disposición a “fincar o dente”, O combate dialéctico, cos noxentos ataques, reproches, acusacións, reais ou imaxinadas, e os insultos mais ou menos encubertos, xa hai tempo que circulan, se é que algunha vez non o fixeron. Pero din os mais informados, que será a partires dagora, cos candidatos pegados contra as paredes e pendurados das farolas, cando arrecien e suban de tono.¡Qué ledicia, e cánto labor didáctico, exemplarizante, nese empecinamento dos líderes por conducir á cidadanía polos vieiros da cortesía, da cultura e o respecto!. Din que se prodigarán os mútuos reproches, pois hai xentes que, tamén neste eido, entenden que a mellor defensa é un bó ataque, sobre todo cando non hai ofertas honestas e cribles. As eleccións van renovar facianas nas Corporacións. ¿Quere isto decir que renace a esperanza dun novo xeito de gobernar as instancias políticas, do que a sociedade está tan desexosa?. Xa nos contentaríamos só con que non se fixese realidade aquela vella sentencia: “a democracia ofrece cada catro anos a posibilidade de elixir ós que nos van decepcionar”.
Suso Fernández


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



