Nota de prensa
A Deputación logra por 3º ano consecutivo contas saneadas ó acadar a estabilidade presupostaria
– O Presidente adianta que o último informe de estabilidade orzamentaria da liquidación dos Orzamentos de 2010 cumpre con dito principio ó estar por debaixo do límite que é 5,53%
– A Deputación ten as contas saneadas e equilibradas malia investir en plans de emprego e 12 residencias da 3º idade, saldar a débeda do canon e dos parques de bombeiros, ou amortizar a débeda provincial en 10 millóns de euros
– Besteiro destacou que o bo estado das contas é froito do Plan Económico Financiero que puxo en marcha a institución lucense en 2008 adiantándose á crise económica na provincia
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, deu a coñecer este mércores a situación económica da institución logo da elaboración do último informe de estabilidade presupostaria na liquidación do Orzamento de 2010. Trátase dun documento cuxa presentación é obrigatoria, que xa se atopa no departamento de Actas do organismo provincial á disposición pública de todos os Deputados, e que será sometido á aprobación do Pleno deste mes. Gómez Besteiro avanzou que, por terceiro ano consecutivo, o organismo provincial cumpre co principio de estabilidade ó situarse por debaixo do 5,53% dos ingresos non financeiros que establece a lei, feito que demostra que a institución ten unhas contas saneadas e equilibradas.
“Conseguimos a estabilidade orzamentaria porque este era un obxectivo que tiñamos marcado dende o 2008 cando aprobamos o primeiro plan económico-financieiro, a primeira Deputación que o fixo anticipándonos á situación de crise. Isto disipa calquera tipo de dúbida alimentada por aqueles que se adicaron a sementar cando non teñen que producir sobre a estabilidade económica da institución. Somos das Deputacións máis saneadas de Galicia e a que ten o mellor panorama financieiro. A través do informe de Intervención revélase que hai disciplina orzamentaria. É unha magnífica noticia e un motivo de orgullo dicir que cumprimos os obxectivos que nos marcamos”.
A estabilidade orzamentaria pretende reducir ou limitar o endebedamento e o déficit público co obxectivo de obter unha política orzamentaria que permita o crecemento estable e a creación de emprego. É por iso que o organismo provincial amortizou 10 millóns de euros minimizando a súa débeda nun 14%, ó tempo que puxo en marcha o Lugo Emprega dando traballo a 711 persoas, impulsou o Pacto Provincial polo Emprego insertando laboralmente a 576 desempregados na provincia, ou executou obras por valor de 60 millóns de euros só mediante o Plan Extraordinario de Obra Pública que mantén postos de traballo. A maiores, saldou a débeda histórica do canon, creou unha rede de parques de bombeiros e está a construír as 12 primeiras residencias con centros de día na provincia.
Representantes da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Administración Xeneral do Estado fixaron dita porcentaxe como o límite para a presentación de plans de reequilibrio. As entidades locais que presenten un déficit inferior están exentas desta obriga. É o caso da Deputación de Lugo e as súas entidades dependentes (INLUDES, SUPLUSA, Fundación TIC e Consorcio Provincial de Bombeiros) que acadaron ó ano pasado uns ingresos non financeiros de 105 millóns de euros, e uns gastos non financeiros de 111 millóns de euros. Isto supón, unha diferencia de -5,8 millóns, é dicir un 5,52%.
Froito do 1º Plan Económico Financeiro
Besteiro explicou que a boa situación económica da Deputación débese a posta en marcha do Plan Económico Financeiro de reequilibrio “que cumpre o seu obxectivo”. Trátase dunha iniciativa impulsada polo actual equipo de Goberno provincial, e aprobada en xullo de 2008 convertendo á Deputación de Lugo na 1º administración provincial en Galicia cun plan desta características. Dende a súa creación, os criterios deste plan fundamentaron os presupostos da institución lucense. Isto permitiu un maior investimento público co fin de crear servizos e postos de traballo, unha situación económica saneada e equilibrada, e un baixo nivel de endebedamento.
Deste xeito, o igual que nos últimos tres anos a institución acadou a estabilidade presupostaria sen deixar de investir nin un só euro; o nivel de endebedamento tamén se atopa por debaixo do 75% máximo que marca a Lei de Presupostos do Estado. Todo isto, malia ter que recorrer a un crédito de 12 millóns de euros para construír os centros para a 3º idade. En comparanza, a Deputación de Ourense acumula unha débeda de máis de 80 millóns de euros, superando nun 35% o límite legal ó acadar o 110%. Na mesma situación se atopa a de Pontevedra, que ten unha débeda de 108 millóns de euros, chegando ó 110%. Pola súa banda, a Xunta, segundo datos do Banco de España, sitúa a débeda pública en 6.162 millóns de euros.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



