Nota de prensa
A Fundación TIC realizou máis de 400 actividades
e produtos audiovisuais en 2010
– O organismo dependente da Deputación aproba as contas do pasado ano cun grao de execución que supera o 97%, e que ascenden as máis de 1,5 millóns de euros
– En 2010 incrementouse en máis dun 300% o número de convenios de colaboración para a promoción económica, cultural e deportiva da provincia
– A Fundación contribúe a difundir e dar a coñecer o labor desenvolvido pola ONG Cova da Terra coa elaboración dunha reportaxe polo seu 15 aniversario
O Padroado da Fundación TIC, dependente da Deputación, aprobou este martes a conta anual do exercicio 2010 cun grao de execución do 97,52% do presuposto, que ascendeu a 1.515.000 euros. Na sesión, á que asistiron os membros do padroado designados por cada un dos grupos políticos con representación na institución e os expertos do sector -o director Jorge Coira e o produtor José María Besteiro- ¿???? tamén se analizou a memoria de actividades de 2010 que incluíu máis de 400 actividades e produtos audiovisuais baseados nas liñas básicas de traballo establecidas nos seus principios fundacionais: a educación e formación e a produción e promoción.
O Presidente da Fundación e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, destacou que “en 2010 incrementamos o número de actividades destinadas, en primeiro lugar, a formar, tanto desde o punto de vista teórico como práctico, ós nosos alumnos e bolseiros, xa que a nosa máxima prioridade é facilitar a súa inserción laboral. Pero entre os nosos obxectivos tamén estivo a promoción económica, cultural e deportiva da provincia, e para elo, aumentamos en máis dun 300% o número de convenios de colaboración con empresas e asociacións sen ánimo de lucro”. Nestes momentos, a TIC estableceu acordos con 26 organizacións, da que 15 son entidades deportivas e 11 asociacións sen ánimo de lucro.
Interacción EIS e CPP
Para que os alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS) –único centro da provincia no que se imparten ensinanzas da rama audiovisual- poidan realizar prácticas profesionais, en 2010 investíronse sen incrementar a débeda pública 383.000 euros na mellora de instalacións da Fundación, deseñadas para a docencia e coas mesmas características e distribución de espazos que existen na realidade laboral. O Centro de Produción de Programas (CPP) dotouse, entre outro equipamento, de cámaras robotizadas e operadas para o plató, control de realización, mesa de mezclas e un servidor de equipamento compartido.
Na memoria de actividades da EIS incluíronse encontros dos alumnos con profesionais do audiovisual como os candidatos lucenses ós Goya, Arturo Vaquero e María Hervera, a delegada de Filmax Galicia, Inmacualda Castaño, o director de animación de Bren Entertainment, Alberto Neira, e o director xeral de Telecinco Cinema, Alvaro Regañón. Tamén a asistencia ó programa “Hoy por Hoy” da Cadena SER, as colaboracións co IV campionato de baristas de Foz, o documental “Legado migratorio santaballés”, as xornadas “Focos e fogóns: cine, televisión e cociña” e a estrea das curtametraxes “Aliendu” e “Vilacazáns” realizadas polos alumnos da Escola.
Promoción da provincia
No pasado exercicio, a Fundación colaborou con 41 empresas e asociacións sociais e deportivas sen ánimo de lucro da provincia para a realización de espazos de divulgación. A través de reportaxes e spots, deuse a coñecer o labor que están a desenvolver en prol da sociedade, a cultura e o deporte base e no desenvolvemento económico da nosa provincia.
Ademais, a través do CPP promocionouse ós Concellos e ás actividades que xeneran: o Lugo10, a feira do capón de Vilalba, a Feira de Santos de Monterroso, a danza da Cervela do Incio, o Entroido de Monforte ou as rutas de Km0, son algúns exemplos. Tamén se cubriron actos e actividades de interese provincial para a súa distribución e difusión en medios de comunicación de ámbito local, autonómico e nacional, e colaborouse con producións audiovisuais desenvoltas en Lugo como “Camiño de Santiago por América”, “Reservas da Biosfera da provincia”, “Triste soledad de un violinista” ou un vídeo musical “Torres de Compostela” da eurovisiva Lucía Pérez.
Prazo de matrícula
Dende o inicio da actividade da EIS, a única da provincia, máis de 200 alumnos cursaron os seus estudos de Produción e realización. O de 2010 foi o curso no que, por segunda vez, se cubriron todas as prazas e no que, debido ó éxito de demanda, houbo unha ampla lista de espera. Neste senso, Gómez Besteiro anunciou que a mediados de xuño se abrirá o prazo de inscrición para o curso académico 2011-2012 para o que se ofertan 44 novas prazas, 22 para o módulo de Produción e outras tantas para o de Realización.
Fundación TIC
A Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) é unha entidade sen ánimo de lucro promovida pola Deputación de Lugo e sobre a que exercie o protectorado a Consellería de Educación. É un instrumento que promove a formación e a produción no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicacción. Neste senso, a súa actividade está dirixida ó fomento da educación, da investigación e o desenvolvemento das TIC, así como ó impulso e consolidación da denominada sociedade da información de maneira que se contribúa a mellorar a formación relativa a estas teconoloxías na provincia de Lugo.
15 aniversario Cova da Terra
Pola tarde, o Deputado da Rede Viaria Provincial e Patrono da Fundación, Juan José Díaz Valiño, acompañado da Concelleira de Benestar Social do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentarán a reportaxe elaborada por bolseiros e persoal técnico da Fundación TIC con motivo do 15 aniversario da ONG Cova da Terra, que amosa a historia desta organización, os seus comezos e as activiades desenvolvidas ó longo dos anos. Logo do visionado, farase unha degustación de productos ecolóxicos e de comercio xusto que habitualmente se atopan na tenda.
A Cova da Terra é unha ONG que traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos, sensibilizando e formando ós consumidoras do contorno máis próximo. Asimesmo, a TIC está a elaborar un DVD sobre as escolas tradicionais en Momán, Xermade, no que se recollen
as vivencias dos veciños de Momán desde a súa infancia. No primeiro día de gravación, o pasado mes de abril, os veciños recrearon a súa época escolar acudindo á escola habaneira na que lles ensinaron a ler e escribir. Este mércores, continuará a gravación da reportaxe cun encontro cos veciños onde conversarán e recrearán as vivencias cotiás de entón.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



