Nota de prensa
NAS XORNADAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO MARILUZ ÁLVAREZ LASTRA DENUNCIOU OS RECORTES QUE SE ESTÁN A PRODUCIR NAS ACCIÓNS PARA A IGUALDADE, PROTECCIÓN E PROMOCIÓN DAS MULLERES, QUE FOI DUN 78% DESDE O ANO 2009.
Ribadeo, 3 de maio de 2011. Ao longo do venres a tarde e todo o sábado desenvolvéronse no Cine Teatro de Ribadeo as IV xornadas de violencia de xénero do Concello de Ribadeo, para afondar, debatir e reflexionar arredor das dimensións da violencia e así entendela mellor .
A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez, resaltaba na xornada inaugural os importantes avances tanto no ámbito social como no lexislativo coa aprobación de lei orgánica de protección integral, da lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e doutras mais xenéricas como a lei orgánica de igualdade entre mulleres e homes. Mais tamén salientou cómo de forma parella están a xurdir novos atrancos mais sutís para impedir o avance da igualdade. E xurden mais impedimentos, por mor da complexa situación económica, na que unha vez mais, as maiores perxudicadas en todos os aspectos (laboral, económico, persoal…) son as mulleres. Alvarez Lastra tamén subliñou os recortes que se están a producir nos orzamentos destinados ás accións para a igualdade, protección e promoción das mulleres, que foi dun 78 por cento desde o 2009, e os que afectan aos programas de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero tiveron unha caída do 17,8% respecto ao ano 2010.
Algúnhas destas trabas foron obxeto de tratamento nas mesmas xornadas como o chamado síndrome de alienación parental, nas que a avogada Maria Martin falou da súa falta de rigurosidade e do estudo que fixeron desde a Asociación que preside, Abogadas para la Igualdad, que reflicte cómo se está a utilizar desde os xulgados e cómo só ten consecuencias negativas cando se aplica ás mulleres.
Tamén houbo experiencias prácticas como foi a charla impartida por Yoanna Benavente, coordenadora da Rede de Casas de Acollida de Asturias, que falou da intervención directa coas vítimas de violencia de xénero de cara ao seu proceso de recuperación da autonomia e da autoestima. A educadora Marian Moreno reflexionou sobre un proxecto práctico que puxo en marcha no seu centro, o reto quincenal, por medio do cal obtivo un resultado satisfactorio por parte do alumnado. Pódense coñecer e ler interesantes artigos dela no seu blogue: http://blog.educastur.es/marianmoreno/
E aparte de cuestións prácticas nas xornadas celebradas en Ribadeo tamén se coñeceros os resultados de diferentes estudos que se desenvolveron no ámbito educativo. Jorge G. Marin falou das diferencias de xénero que existen na utilización dos videoxogos (no tempo empregado e nos contidos dos xogos usados por mozas e mozos). Carolina Garcia, coautora do libro do Observatorio da Mariña pola Igualdade, resaltou que unha das conclusións do estudo desenvolto é a clara contradición entre a teoría e a práctica na inclusión da igualdade e a coeducación nas aulas. E Emma Lobato, mestra de educación infantil, disertou sobre a construcción da identidade de xénero en contextos e prácticas lúdicas infantis.
Nas xornadas de Ribadeo tamén tamén participou o equipo da área Sanitaria 6 do SESPAS, con Dolores, Mª Antonia e Cruz, que falaron da violencia non detectada no ámbito sanitário e da medicalización das mulleres,como unha forma velada de maltrato ou discriminación cara ás mulleres. E tamén acudiu a esta cita a xornalista Sonia Herrera, investigadora social e integrante do Observatorio dos Media e as agresións contra as mulleres en contextos de alta violencia. Grazas a ela os/as asistentes puideron coñecer outras violencias, que se dan noutras partes do mundo, de diferentes formas, pero sempre co cómun denominador: a violencia de xénero se exerce contra ás mulleres polo feito de ser mulleres, en calquera parte do mundo.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



