NOTA DE PRENSA
Os populares estudiarán a aplicación de determinadas bonificacións fiscais a empresarios, autónomos e comerciantes.
Barcia propón reduccións no IAE e no IBI.
Considera que xa se tiña que ter modificada a ordenanza sobre licencias de apertura.
Burela, 4 de maio de 2011.- O PP burelés estudiará a aplicación de bonificacións fiscais a empresas, autónomos e comerciantes, para axudarlles a paliar os efectos da crise e para asentar e crear emprego. O candidato dos populares, José María González Barcia, indicou que algunha destas medidas xa se aplicou no seu momento, en concreto con ABSA, e considera que poden ser mui positivas de cara á posta en marcha dun parque empresarial.
Barcia indicou que estas bonificacións fiscais xiran en torno a tres liñas de actuación. Por un lado, a rebaixa no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI, máis coñecida como contribución), que pode chegar a ser dun noventa por cento da cuota para as empresas ubicadas en determinadas zonas.
Em segundo lugar, González Barcia indicou que se pode facer unha reducción de hasta un cincuenta por cento na cuota do Imposto sobre Actividades Económicas, IAE, para empresas que tributen pola cuota municipal para arrancar o funcionamento da empresa, para incrementar postos de traballo ou nos casos de rendementos netos negativos.
Finalmente, Barcia indicou que o novo marco legal sobre apertura de establecementos comerciais vén de cambiar substancialmente, dado que desaparecen as licencias de apertura como se viñan entendendo hasta este momento. Polo tanto, Barcia considera que hai que refacer a ordenanza municipal ó respecto, de tal xeito que permita un aforro considerable ós novos empresarios, autónomos ou comerciantes cando se instalan, xusto no momento no que é máis delicado sacar adiante a actividade.


















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



